Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín
Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Abril 2025 13:08

O xoves 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios. Por outra banda, a  Praza García Barbón será o escenario dunha nova edición da Feira Solidaria de Verín que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. Así o confirmou esta mañá a concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira.


Festa dos Maios

Desde as 11:00 horas, e até as 20:00 horas, está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos confeccionados por: CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España; CRA Monterrei; Colexio Plurilingüe María Inmaculada; IES Xesús Taboada Chivite; Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei; Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, Asociación Verinesa de Amigos da Música, ANPA do Conservatorio de Música de Verín ; e Colexio Apostólico Mercedarios.

Desde as 11:00 horas da mañá estarán á venda as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O exemplar venderase a 1 euro. O diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse a Federación Provincial de Mulleres Rurais (Femuro).

Está previsto que colaboren na edición das mesmas dez centros de ensino ou asociacións: CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, CRA Monterrei, Colexio Apostólico Mercedarios, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, IES Xesús Taboada Chivite, Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei , Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, Asociación Verinense de Amigos da Música e AMPA do Conservatorio de Música de Verín.

A programación matinal completarase co concerto da Banda de Música de Verín, previsto para as 12:00 horas tamén na praza da Alameda.

A Festa dos Maios recuperouna en Verín Enrique Gomez Pato a comezos da década dos cincuenta. “O Pato”, coa colaboración dos seus fillos, e, anos máis tarde, a Asociación Cultural Os Choupos e o Movimiento Junior foron os continuadores desta exaltación da primavera en esculturas efémeras e de crítica social dos acontecementos locais ou externos en verso rimado. No segundo goberno municipal democrático, no primeiro quinquenio dos oitenta, a festa viuse reforzada, con subvencións a Maios e coplas feitos por asociacións, colexios e institutos; aliciente gastronómico e actividades paralelas.

 

Feira Solidaria

O mesmo día, 1 de maio, a partir das 10:30 horas, a praza García Barbón acollerá unha nova edición da Feira Solidaria, organizada polo Concello de Verín. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o labor das asociacións sen ánimo de lucro, así como ofrecerlles unha canle de visibilización e recadación de fondos para os seus proxectos.

Considerando que todavía está aberto o prazo de inscrición, pódese dicir que xa confirmaron a súa participación un total de seis asociacións: Cruz Vermella, Aires Nosos, Asociación Flor da Xesta, Asociación Provincial de Mulleres Rurais (Femuro), Asociación Galega contra o Cancro, Asociación de nenas e nenos e xente nova con diabetes de Galicia (Anedia).

Entre os obxectivos da Feira Solidaria atópanse, recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei, proporcionar información sobre as distintas asociacións que participan no evento e dos servizos que ofrecen, conseguir apoio económico para poder seguir levando a cabo os seus  proxectos e actividades e a creación dun marco de cooperación común  entre os seus organizadores e colaboradores.

Por outra banda, a Asociación de Empresarios e  Empresarias de Verín (AEVER) instalará na Praza García Barbón xogos Inchables con fins solidarios, cuxa recaudación irá destinada tamén a Femuro.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>