Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Daniel Castellanos e Camille Balanche lévanse o triunfo no III DHI Pozo do Demo
Daniel Castellanos e Camille Balanche lévanse o triunfo no III DHI Pozo do Demo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Abril 2025 12:50

O municipio ourensán de Verín foi escenario este pasado domingo 27 de abril da segunda proba da Copa de España de Descenso 2025. O III DHI Pozo do Demo contou coa participación de 200 pilotos entre os que o madrileño Daniel Castellanos (Planet MTB) e a suíza Camille Balanche foron os máis rápidos nas finais para facerse co triunfo final nun evento da clase C2 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).


Os organizadores da proba, o Club Ciclista Bicicletas Chinquena Racing Team en colaboración co Concello de Verín, deseñaron un atractivo trazado de 1.780 metros de lonxitude e 340 metros de desnivel sobre o que vimos a algúns dos mellores especialistas do DHI dar un auténtico recital de manexo da bicicleta.

O prometedor Daniel Castellanos foi o biker que completou a baixada máis rápida do día, cun rexistro de 2”44”852, que lle permitiu facerse coa vitoria por diante do tamén madrileño Ignacio García (Mondraker), que parou o crono en 2’47”198. O podio completouno o portugués José Borges, que realizou o descenso en 2’49”719. Héctor Quinteiro (Bici Verde-Bo Papel) obtivo o mellor resultado galego na categoría Elite e Sub-23 masculina ao marcar o quinto mellor rexistro: 2'53"914. Entre os dez primeiros tamén se meteron Víctor Mariño (X Bikes), sétimo, e Toni Ferreiro (Coruxo), oitavo.

Camille Balanche, na final elite e sub-23 feminina, ofreceu un auténtico recital para levar a primeira posición con gran marxe tras asinar un tempo de 3’07”499. A batalla máis emocionante vivímola pola segunda posición, xa que a madrileña Kira Zamora (Galapagar) conseguiu a prata con 3’22”059, mentres que a catalá Mireia Pi (La Tribu) tivo que conformarse co terceiro posto tras lograr un tempo de 3’22”986. Alejandra Chapela (VK Bikes), a única representante da nosa comunidade, fixo sexta.

O noso DH acumulou oito podios, tres deles protagonizados por gañadores nos grupos de idade máster. Iván Mourelo(DH Galicia) impúxose nos 30; Carlos Díaz (Ciclos Quintena) superou por dúas décimas a Manuel Baños (Bicicletas Chinquena) no duelo pola vitoria nos 40; e Miguel Ángel Pintos (Coruxo) apuntouse o triunfo nos 50 con Ricardo Escudero (Poio Bike) logrando a terceira praza, mesmo posto que pasa a ocupar na xeral da Copa de España.

O caixón no Val de Monterrei tamén o pisou Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade) , terceiro nos cadetes, así como as riders Carla Hermida (Esmelle), segunda nas cadetes, e Alexia Santervas (A Forna), segunda nas júniores. En canto aos xuvenís masculinos, Marcos Castelo (Gráficas Lar) pechou o top-10.

Por parte da Federación Ciclismo Galego participaron na entrega de premios o seu vicepresidente Óscar Sánchez e a seleccionadora Eva Castro. A terceira proba da Copa de España de Descenso terá lugar este próximo 18 de maio en Trapagaran (Biscaia).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>