Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín presenta a programación da Semana das Letras Galegas 2025
Verín presenta a programación da Semana das Letras Galegas 2025 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Abril 2025 12:04

A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos do Concello de Verín, Samanta Barreira, presentou esta mañá no salón de plenos a programación da Semana das Letras Galegas 2025, que se celebrará do 10 ao 18 de maio.



Durante a presentación, Barreira subliñou que «este ano pomos en valor o papel fundamental das cantareiras na preservación da nosa lingua e cultura, a través dunha programación que combina tradición, innovación e participación cidadá». Tamén destacou que «a proposta abrangue todas as idades e pretende facer partícipe a toda a sociedade verinesa do orgullo de sermos galegos e galegas».

A cancelleira fixo fincapé na importancia de visibilizar a intensa e imprescindible actividade cultural que levan a cabo as asociacións de mulleres do noso territorio: «A nosa comarca ten un tecido asociativo feminino moi forte e diverso. As nosas agrupacións e asociacións de mulleres rurais foron e seguen sendo auténticos motores de dinamización sociocultural. É xusto recoñecerlles publicamente a súa entrega e agradecerlles que leven décadas mantendo viva a nosa identidade a través da música, do baile, da palabra ou da solidariedade».

A edil de Cultura tamén quixo facer unha reflexión sobre o valor simbólico da tradición no noso tempo: «A maioría das persoas que hoxe cantamos “unha noite no muiño, unha noite non é nada” non o facemos porque viviramos as muiñadas. Facémolo porque herdamos ese patrimonio cultural, ese sentimento, e con iso mantemos viva a nosa tradición, a nosa cultura e, polo tanto, o noso pobo. Porque como xa dixo Castelao en Sempre en Galiza, ‘a tradición non é a historia. A tradición é a eternidade.»

A programación arrincará o sábado 10 de maio, ás 17:00 horas na Preguiza, cunha xornada festiva denominada "Trisca da Preguiza", un encontró. de grupos e asociación da comarca — Candaira, Silverias do Támega, As Travesas, As Torgueiras, Os Trouleiros, e diversas Asociacións de Mulleres Rurais — que encherán o espazo de música tradicional, xogos populares, e un obradoiro de baile para todos os públicos.

Pola noite, ás 21:30 horas, o grupo Ailá ofrecerá un concerto no que mesturará a música tradicional galega coas novas sonoridades contemporáneas.

luns 12 de maio, ás 19:30 horas, inaugurarase na Sala de Exposicións de Verín a mostra "Pensamentos Fuxidos" do artista Xosé Rivada, que poderá visitarse durante todo a mes en horario de mañá e tarde.

martes 13 de maio, ás 20:00 horas no Auditorio, o alumnado do Conservatorio de Música de Verín protagonizará unha audición de conxuntos instrumentais, amosando o seu talento e a vitalidade da formación musical na vila.

xoves 15 de maio, ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, o recoñecido músico e investigador Xabier Díaz ofrecerá a palestra "Metendo as mans na terra", unha viaxe pola tradición musical galega a través da súa experiencia nas recollidas de cancións populares e o proceso creativo de reinterpretación desa memoria sonora.

venres 16 de maio será unha xornada moi especial para os máis pequenos: pola mañá, de 10:30 a 13:30 horas, terá lugar "Os coles cantan" na Praza García Barbón, onde máis de 600 nenos e nenas dos CEIPs públicos Amaro Refojo e Princesa de España interpretarán cancións tradicionais galegas, celebrando así a lingua dende a infancia.

Pola tarde, ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, a compañía Galitoon Teatro presentará "Os Descontacontos", un contacontos con monicreques para nenos e nenas de 3 a 9 anos, que rende homenaxe aos avós e avoas transmisores de historias e tradición oral.

sábado 17 de maio, ás 18:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a obra de teatro infantil "Castelao. Un corazón á intemperie", da compañía Fantoches Baj, unha proposta escénica que repasa a vida e obra do autor rianxeiro a través de técnicas como o kamishibai, monicreques, cabezudos e teatro de máscaras, destinada a público familiar a partir dos 6 anos.

Finalmente, o domingo 18 de maio, ás 11:30 horas no Auditorio Municipal, terá lugar a tradicional Gala Músico Literaria das Letras Galegas, na que se entregarán os premios dos Certames de Poesía "Xosé Carlos Caneiro Pérez" e de Relato Curto "Antonio Fernández", convocados polo Concello de Verín coa colaboración de GADIS para fomentar a creatividade literaria entre a mocidade da comarca.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>