Verín acolle o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca |
![]() |
![]() |
![]() |
Martes, 20 Maio 2025 09:14 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro xoves 30 de maio, a partir das 10:00 horas, o I Encontro de Mulleres Xitanas da Comarca de Verín, unha xornada formativa e de convivencia destinada a fomentar o apoderamento, a aprendizaxe colectiva e o diálogo intercultural entre mulleres xitanas e paias da contorna. A iniciativa, pioneira na comarca, incluirá contidos sobre Feminismo Romaní, historia e cultura do pobo xitano, e contará coa participación de mulleres referentes da Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad, entidade de ámbito estatal recoñecida polo seu compromiso na loita contra a violencia e pola igualdade real. A organización do evento corre a cargo da oficina do Plan Xitano dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín, en colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín. O encontro ofrece 30 prazas totalmente gratuítas, financiadas na súa totalidade, e incluirá un pequeno convite a café para todas as participantes. As persoas interesadas poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario en liña: |