A Eurocidade Chaves-Verín acollerá unha xornada de capacitación empresarial sobre turismo rural o 26 de maio |
![]() |
![]() |
![]() |
Mércores, 21 Maio 2025 10:13 |
O vindeiro 26 de maio, a Fundación Galicia Europa, en colaboración coa ADRAT – Asociación de Desenvolvemento da Rexión do Alto Tâmega e a Asociación de Novos Empresarios de Galicia, organiza un obradoiro de capacitación empresarial sobre Turismo Rural e sectores relacionados, enmarcado no proxecto INCUBTRANS. A actividade celebrarase na sede de ADRAT, en Chaves, e ten como obxectivo principal dotar de ferramentas prácticas ás pequenas empresas da Eurocidade, favorecendo a súa competitividade e innovación no ámbito do turismo rural e áreas afíns. A formación está dirixida a empresarios e emprendedores que desenvolvan a súa actividade neste sector ou en ámbitos relacionados. A inscrición é gratuíta pero obrigatoria e pode realizarse ata o 23 de maio a través da seguinte ligazón: Para máis información: |