Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas VERÍN DI NON Á VIOLENCIA MACHISTA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA O 27 DE MAIO
VERÍN DI NON Á VIOLENCIA MACHISTA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA O 27 DE MAIO PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Maio 2025 17:37

O Concello de Verín manifesta a súa máis rotunda condena ante o intento de feminicidio ocorrido recentemente na nosa vila, un acto brutal de violencia machista que rexeitamos de maneira contundente.


Queremos trasladar todo o noso apoio, solidariedade e afecto á vítima e á súa contorna. Este feito non só nos conmociona como institución, senón que afecta a toda a sociedade verinesa, que non pode nin debe permanecer en silencio.

A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos. Non é un problema individual, senón estrutural. Necesitamos respostas firmes e conxuntas desde todos os ámbitos: institucional, social e cidadán.

Por iso, sumámonos e animamos a toda a veciñanza a participar no acto de repulsa que terá lugar mañá, martes 27 de maio, ás 12:00 h na Praza do Concello de Verín. Debemos facer visible que Verín está do lado das vítimas e contra todo tipo de violencia machista.

Non estás soa. Estamos contigo.
Non imos calar. Non imos parar.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>