Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín amosa a súa repulsa ante o intento de feminicidio rexistrado recentemente na vila
Verín amosa a súa repulsa ante o intento de feminicidio rexistrado recentemente na vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Maio 2025 12:11

Esta mañá, a Praza do Concello de Verín acolleu unha concentración cidadá de repulsa fronte ao intento de feminicidio acontecido recentemente no municipio. A convocatoria, promovida baixo o lema “Se tocan a unha, tócannos a todas”, reuniu a representantes institucionais, asociacións, entidades sociais e numerosos veciños e veciñas que quixeron amosar de forma unánime o seu rexeitamento ante este acto de violencia brutal contra as mulleres.


Durante o acto, foi a concelleira de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez, a encargada de dar lectura ao manifesto institucional no que o Concello de Verín expresa a súa máis rotunda condena ante este crime machista, así como o seu apoio incondicional á vítima e á súa contorna:

«O Concello de Verín manifesta a súa máis rotunda condena ante o intento de feminicidio ocorrido esta semana na nosa vila, un acto brutal de violencia machista que rexeitamos de maneira contundente. Queremos trasladar todo o noso apoio, solidariedade e afecto á vítima e á súa familia. Este feito non só nos conmociona como institución, senón que afecta á sociedade verinesa en todo o substancial, que non pode nin debe permanecer en silencio. A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos. Non é un problema individual, senón estrutural. Necesitamos respostas firmes e conxuntas desde todos os ámbitos: institucional, social e cidadán.»

A corporación municipal animou á cidadanía a sumarse activamente na loita contra a violencia de xénero, visibilizando que Verín está coas vítimas e contra os agresores. A concentración foi organizada polo CIM da  Mancomunidade de Municipios de Verín, FEMURO, CDR Portas Abertas e Cruz Vermella, entre outras entidades implicadas no compromiso pola igualdade e a protección das mulleres.

Desde o Concello insístese na necesidade de continuar traballando de forma decidida na prevención, educación e atención ás vítimas. facendo fronte común contra todas as formas de violencia machista.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>