Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín e Monterrei prepáranse para saborear a historia con “O Pincho Irmandiño”
Verín e Monterrei prepáranse para saborear a historia con “O Pincho Irmandiño” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Maio 2025 13:10

A gastronomía e a historia únense na comarca de Monterrei coa chegada do concurso "O Pincho Irmandiño", unha iniciativa gastronómica promovida no marco da Revolta Irmandiña, evento que conta co patrocinio do Concello de Verín, que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño. O certame, dirixido aos establecementos hostaleiros de Verín e Monterrei, convida a viaxar ao século XV a través do padal, propoñendo un reto creativo baseado exclusivamente en ingredientes coñecidos en Galicia antes do descubrimento de América.



Cociñando co pasado

A principal singularidade deste concurso reside na súa temática: os pinchos deberán elaborarse unicamente con produtos coñecidos en Galicia. Quedan así excluídos ingredientes tan habituais hoxe como a pataca, o tomate ou o pemento, dando protagonismo a cereais como o trigo ou o centeo, legumes, carnes tradicionais, peixes, ovos, froitos secos, lácteos ou mel, entre outros.


Cada establecemento poderá presentar unha única proposta, quente ou fría, a un prezo fixo de 2,50 €, que deberá estar dispoñible para a clientela durante os tres días do concurso nos horarios habituais de apertura.

Sabores con historia... e con sabor a Revolta

Durante a presentación oficial do certame, os xornalistas que asistiron a rolda de prensa puideron degustar en primicia a Hamburguesa Irmandiña “A Revolta”, prato oficial da carreira irmandiña. A súa elaboración combina tradición e vangarda:

  • Carne de tenreira local, preparada á grella
  • Queixo artesanal de produtores da contorna
  • Cebola caramelizada, que achega dozura e/ou un toque afumado
  • Follas de rúcula, para un toque fresco e intenso
  • Salsa especial “Revolta, feita con ingredientes da época e viño Mencía
  • Pan artesanal, cun sabor e textura únicos


A creación é obra do cociñeiro José Luis García, e foi presentada xunto coa iniciativa

gastronómica polo xerente de Elogo Delivery, Javier M. Quintas, empresa patrocinadora da iniciativa; e por José Prado e Ángeles Sierra, membros da organización, que destacaron o valor desta proposta como ferramenta de dinamización do sector hostaleiro e de posta en valor da identidade gastronómica da comarca.

Inscricións abertas ata o 12 de xuño

Os locais interesados en participar deberán inscribirse antes das 20:00 h do 12 de xuño, enviando un correo a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . A inscrición debe incluír datos do establecemento e do responsable, unha fotografía do pincho, a súa listaxe de ingredientes e o nome da proposta.


A organización, en colaboración cos locais, revisará e validará as receitas para garantir o rigor histórico do evento. Tamén poderá ofrecer asesoramento culinario aos locais que o soliciten.

Premios do xurado e do público

Durante o evento, a clientela poderá valorar os pinchos a través dun sistema de votación por código QR. O día 22 de xuño, ás 14:00 h, durante o acto de clausura da Revolta Irmandiña na Praza da Preguiza, entregaranse os seguintes galardóns:

  • Premio do Xurado Técnico: sabor, presentación e rigurosidade histórica.

"O Pincho Irmandiño" é unha proposta orixinal que invita a experimentar coa cociña do pasado, poñendo en valor o talento dos profesionais da hostalería local e ofrecendo á veciñanza e visitantes unha experiencia gastronómica única.


Máis información:

????  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>