Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín publica novas ofertas de emprego para o verán de 2025
O Concello de Verín publica novas ofertas de emprego para o verán de 2025 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Maio 2025 19:56

O Concello de Verín vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de instancias para cubrir diversas prazas de persoal laboral temporal durante a tempada estival de 2025. As contratacións están dirixidas a reforzar os servizos municipais relacionados co ocio, a seguridade acuática e as actividades deportivas infantís.



En concreto, ofértanse:

  • 9 prazas de monitores/as de ocio e tempo libre, con contrato dende o 23 de xuño ata o 12 de setembro. Os dous primeiros postos serán a xornada completa e os sete restantes, a xornada parcial.

  • 1 praza de coordinador/a da ludoteca de verán e do campamento urbano, tamén cun contrato a xornada completa desde o 23 de xuño ata o 12 de setembro.

  • Prazas de monitores/as deportivos, con contrato a xornada parcial desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, para as escolas deportivas de verán.

  • Prazas de socorristas, a xornada completa, dende o 21 de xuño ata o 12 de setembro.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no prazo de 7 días naturais a partir do día seguinte á publicación dos anuncios, sendo o 4 de xuño de 2025 o último día para tramitar a instancia.

Toda a información, así como os anexos e formularios necesarios, está dispoñible na sede electrónica do Concello de Verín ou de maneira presencial no taboleiro de anuncios do Concello.

Estas contratacións permiten reforzar os servizos públicos durante a época estival, garantindo a seguridade, a calidade e a diversidade da oferta municipal dirixida á infancia e á mocidade.


- ANUNCIO COORDINADOR LUDOTECA

- ANUNCIO MONITOR DEPORTIVO

- ANUNCIO SOCORRISTAS


  20250527 ANEXO III BASES

- BASES CONTRATACION MONITORES LUDOTECA

- BASES CONTRATACION COORDINADOR/A LUDOTECA

- BASES ESPECIFICAS

- BASES ESPECIFICAS SOCORRISTAS

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>