Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a XVI Escola de Verán
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a XVI Escola de Verán PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Xuño 2025 23:17

Verín, 4 de xuño de 2025.

Cartel Escola Verán 2025 A Área de Deportes do Concello de Verín pon en marcha unha nova edición da Escola de Verán, unha das actividades máis agardadas polas familias verinesas. A XVI Escola de Verán desenvolverase do 23 de xuño ao 5 de setembro e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 15 anos.

Trátase dun programa lúdico-deportivo que busca fomentar a igualdade, a convivencia e o deporte mediante xogos coeducativos, torneos competitivos, saídas pola contorna, días temáticos, excursións, cine, teatro, danza, bailes urbanos, obradoiros e visitas diarias ás piscinas descubertas de A Granxa.

Nesta edición destacan importantes novidades como:

•    A ampliación dos grupos de fútbol aos 5 días da semana.
•    A incorporación de cursiños de natación por quendas para os nenos que máis o precisen.
•    Novos destinos nas excursións.
•    Maior variedade nas disciplinas deportivas e nas actividades competitivas.


Modalidades de participación

As familias poderán escoller entre diferentes modalidades de participación:

•    Por días soltos, semanas, quincenas, semi-completo (1 mes e 2 semanas) ou o programa completo de todo o verán.

Grupos dispoñibles:

o    Grupo Xeral: 3 días (luns-mércores-venres) ou 5 días á semana.
o    Grupo de Fútbol/Fútbol Sala: a partir de 7 anos, en opción de 3 ou 5 días á semana.
o    Grupo Mixto: 5 días á semana, combinando fútbol e actividades xerais.

As actividades desenvolveranse de luns a venres, entre as 08:00 e as 14:30 horas. Os lugares principais serán o Pavillón Municipal de Deportes e o Complexo Deportivo A Granxa.

Información para as familias

O luns 23 de xuño ás 09:00 horas celebrarase unha reunión informativa no Pavillón Municipal para todas as familias e participantes, incluídos os inscritos nos grupos de fútbol.
Inscricións

O prazo de inscrición abrirase o mércores 5 de xuño e manterase ata esgotar as prazas dispoñibles. As solicitudes serán atendidas por estrita orde de chegada, dando prioridade ás familias monoparentais que traballen e non dispoñan doutra opción de coidado para os seus fillos.

A inscrición poderá formalizarse:

•    Presencialmente no Pavillón Municipal de Deportes (Rúa Irmáns Moreno, 13) de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 h.
•    Por correo electrónico enviando a documentación necesaria a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

A documentación a presentar inclúe:

•    Folla de solicitude de inscrición e de consentimentos.
•    Fotocopia do DNI do menor.
•    Xustificante de pagamento das taxas.
•    Acreditación de eurocidadanía ou empadroamento para acceder á tarifa reducida.


- Hojas de Inscripción ESCUELA DE VERANO 2025

- Normativa General de Inscripciones ESCUELA DE VERANO 2025

- CARTEL ESCUELA VERANO 2025

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>