O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas |
![]() |
![]() |
![]() |
Martes, 17 Xuño 2025 12:35 |
O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, en horario de 9:00 a 15:00 horas. As persoas que superen este curso, de 370 horas, obterán un certificado de profesionalidade que os habilitará para velar pola seguridade dos usuarios de piscinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. As persoas interesadas en inscribirse ou ampliar información poden facelo a través dos teléfonos 988 41 00 00 e 654 825 395 ou no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|