O CMUS de Verín entrega os premios do sorteo “Arte e Música” |
![]() |
![]() |
![]() |
Venres, 27 Xuño 2025 12:31 |
O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín (CMUS), e a súa ANPA celebraron onte a entrega dos premios da iniciativa solidaria “Arte e Música”, unha proposta que combina cultura e educación e que culminou cun sorteo de cinco obras doadas por recoñecidos artistas locais. O acto de entrega realizouse no marco da Gala de Fin de Curso, celebrada no Auditorio de Verín, e contou coa presenza do tenente de alcalde e concelleiro responsable da área de Conservatorio, quen fixo entrega das obras ás persoas gañadoras, destacando o «valor desta iniciativa que une dúas disciplinas fundamentais como son a música e as artes plásticas, ao tempo que promove a educación e a participación cidadá».. As obras sorteadas foron:
A recadación obtida a través da venda de rifas destinarase á compra de instrumentos musicais para o alumnado do CMUS e a unha saída educativa. Desde o Concello de Verín e a dirección do Conservatorio agradeceuse a colaboración da ANPA do CMUS, da Banda do Conservatorio e dos artistas participantes, destacando o éxito dunha acción que demostra, unha vez máis, o compromiso da comunidade educativa e cultural coa formación e coa creatividade na comarca. |