Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Extruga na Rúa 2025: Cultura urbana, deporte, música e gastronomía volven tomar as rúas de Verín nun festival gratuíto e aberto a toda a veciñanza
Extruga na Rúa 2025: Cultura urbana, deporte, música e gastronomía volven tomar as rúas de Verín nun festival gratuíto e aberto a toda a veciñanza PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Xullo 2025 15:58

A vila de Verín prepárase para acoller unha nova edición do Extruga na Rúa, o festival de referencia da cultura urbana no sur de Galicia, que este ano celebra a súa sétima edición cunha programación diversa, gratuíta e aberta a toda a veciñanza.


A presentación do evento tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, a cargo de Hugo Salgado, membro da organización, e Samanta Barreira, concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, quen destacou «o compromiso do Concello con iniciativas culturais que conectan coa mocidade e co tecido creativo local e galego».

«O Extruga na rúa é xa unha cita consolidada no calendario estival de Verín, que combina deporte, arte, cultura urbana, gastronomía e lecer nun ambiente de convivencia interxeracional», salientou Barreira.

A xornada terá lugar o sábado 19 de xullo, dende as 11:30 da mañá ata ben entrada a madrugada, e converterá as prazas, rúas e espazos emblemáticos da vila nun auténtico escaparate de música, arte urbana, deporte e convivencia. Como novidade destacada, todas as actividades serán de acceso libre e gratuíto, reforzando o carácter inclusivo e comunitario do festival.

Un programa diverso e para todos os públicos

O día comezará ás 11:30 horas cun escape room urbano na Praza do Concello da man de Camiñando Cara Atrás. Ao mediodía, a Praza Maior acollerá un obradoiro de break dance (12:00–14:00) para público infantil e xuvenil. A música arrancará co ambiente da sesión vermú no Bar Zurria (12:30–15:00) a cargo de Revolutionary Brothers ft. King Konsul.

A partir das 17:00 horas, a zona verde de A Preguiza converterase no epicentro do movemento urbano con:

  • Obradoiro de parkour (17:00–20:00 h)
  • Competición Liga Xunta Break (17:00–20:30 h)
  • Workshop de Livrecorte (18:00–20:00 h)
  • Xogo de sacos para os máis pequenos (18:00–20:30 h)
  • Batallas de freestyle da Ceiba Rimas (18:00–20:30 h)
  • E un mercadiño urbano con foodtrucks (16:30–04:00 h)

O Escenario Principal acollerá a partir das 20:45 as actuacións musicais dunha selección de artistas que representan o mellor da escena urbana actual:

  • Ceiba Rimas (Final) – 20:45–21:00 h
  • 9 Louro – 21:00–21:30 h
  • Kid Mount – 21:40–22:10 h
  • Largo da Cumbia – 22:20–23:10 h
  • Pappaquino – 23:25–23:55 h
  • El Virtual – 00:10–01:00 h
  • OBF & Sr. Wilson – 01:10–02:50 h
  • Gea – 03:00–04:00 h

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>