| O C.R.D.O. Monterrei e o Concello de Verín renovan o convenio de colaboración para a Feira do Viño de Monterrei |
|
|
|
| Martes, 15 Xullo 2025 10:08 |
|
O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades destinado á organización da XVIII Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará do 8 ao 10 de agosto. Este convenio recolle, por escrito, as cuestións das que se fará cargo cada entidade, repetindo así unha sinatura que xa se efectuou en edicións anteriores. Dito convenio de colaboración refírese a aspectos como o montaxe do recinto feiral, actuacións musicais ou publicidade, entre outros. |