Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Camiños do Subconsciente”, do artista local Lucas Molina
A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Camiños do Subconsciente”, do artista local Lucas Molina PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Outubro 2025 11:36

A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín acollerá, do 14 ao 21 de outubro, a mostra pictórica “Camiños do Subconsciente”, do artista e tatuador verinés, Lucas Molina. A inauguración terá lugar o martes 14 ás 16:00 horas, e contará con música ao vivo.


A exposición propón, segundo o seu autor, “un viaxe pictórico a través do imaxinario surrealista, onde cada obra é unha parada nun percorrido interno: un fragmento de emoción, un símbolo oculto, un soño revelado”.

A colección non pretende explicar, senón suxerir, provocar e espertar sensacións no espectador, convidándoo a explorar o seu propio subconsciente a través da cor, a forma e a emoción.

Lucas Molina, artista plástico e tatuador, iniciou o seu contacto co mundo da arte moi novo —“a primeira vez que tatuei foi con 15 anos”, lembra—, e nos últimos anos decidiu abrirse á pintura, creando esta serie surrealista a partir de soños, sentimentos e ideas.

O artista, que reside na vila do Támega, comparte parte do seu traballo a través do seu perfil en Instagram @thelucasmolina.

A exposición poderá visitarse ata o 21 de outubro, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>