| O Concello de Verín abre o prazo para a contratación de persoal laboral temporal nas áreas de Axuda no Fogar e Socorrismo |
|
|
|
| Domingo, 12 Outubro 2025 00:00 |
|
O Concello de Verín vén de publicar o anuncio oficial para a contratación de persoal laboral temporal, co obxectivo de reforzar os servizos municipais de Axuda no Fogar – Dependencia e Socorrismo. O proceso selectivo rexerase polas bases xerais de contratación de persoal laboral temporal e polas bases específicas para a creación de bolsas de emprego, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 34 do 11 de febreiro de 2020. As persoas interesadas dispoñen de cinco días naturais para presentar a súa solicitude a partir do día seguinte á publicación do anuncio oficial. A documentación requirida, así como os anexos necesarios (I, II e III), atópanse dispoñibles na sede electrónica do Concello de Verín (apartado Tablón de Anuncios – Emprego Público) e tamén no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. Requisitos principais- Auxiliar de Axuda no Fogar – Dependencia: - Socorrista: O concelleiro de Persoal, Réxime Interior, Deportes e Conservatorio, Diego Lourenzo Moura, destacou que “estas contratacións contribúen a reforzar os servizos municipais que atenden á veciñanza, garantindo unha resposta profesional e eficaz nas áreas máis sensibles, como a atención ás persoas dependentes e a seguridade nas instalacións municipais”. Toda a información e documentación asociada á convocatoria pode consultarse en https://verin.sedelectronica.gal. |