Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca Pública Municipal de Verín recibe o Galardón María Moliner 2025 polo proxecto sobre a pioneira investigación psicolóxica de Eloy Luis André
A Biblioteca Pública Municipal de Verín recibe o Galardón María Moliner 2025 polo proxecto sobre a pioneira investigación psicolóxica de Eloy Luis André PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2025 12:52

A Biblioteca Pública Municipal de Verín vén de ser galardoada, un ano máis, nos Premios María Moliner de Animación á Lectura 2025, outorgados polo Ministerio de Cultura e Deporte a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria. Estes premios recoñecen anualmente os mellores proxectos das bibliotecas municipais españolas destinados a fomentar a lectura, promover a inclusión social e impulsar a participación cidadá na vida cultural.


O proxecto presentado pola Biblioteca de Verín, titulado “Eloy Luis André. As curvas melódicas da fala. A esquecida investigación psicolóxica do Dr. André”, foi destacado polo xurado como exemplo de investigación científica e divulgación cultural con raíz local e proxección universal.


O traballo, editado polo Concello de Vilardevós, contou coa autoría de Aurora Prieto Tarrío, Vicente Rodríguez Justo, Victor Freixanes, Xosé Ramón Soto, Patrick Feaster e Miguel Losada García, e supuxo un exhaustivo proceso de estudo, recuperación e publicación do legado do pensador Eloy Luis André (Mourazos, 1876 – Madrid, 1935), pioneiro da psicoloxía científica en España e introdutor das teorías de Wilhelm Wundt.

 O proxecto permitiu localizar, restaurar e analizar os rolos de gravación orixinais cos que André desenvolveu en 1910 a súa tese sobre as curvas melódicas da fala, ademais de difundir o seu contido mediante publicacións, exposicións e actividades divulgativas abertas ao público.

A través deste traballo, a Biblioteca verinesa consolidou o seu papel como espazo de investigación, conservación e dinamización cultural, converténdose nun referente estatal pola calidade das súas iniciativas e pola capacidade de conectar ciencia, historia e lectura pública.

 «Este premio é un recoñecemento á aposta que facemos desde o Concello de Verín pola cultura, pola ciencia e pola memoria»,afirmou a concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, quen salientou tamén «o labor exemplar da Biblioteca de Verín e do seu equipo, que logran que a lectura e o coñecemento se vivan como experiencias compartidas e transformadoras»..

 Con este novo galardón, a Biblioteca Pública Municipal de Verín súmase ao reducido grupo de institucións galegas recoñecidas no marco dos Premios María Moliner, reforzando o seu papel como motor cultural do municipio e difusora do pensamento dun dos verineses máis ilustres, Eloy Luis André, cuxo legado continúa inspirando novas xeracións de lectores, investigadores e soñadores.

 Eloy Luis André (Mourazos 1876 – Madrid 1935).

D. Xesús Taboada Chivite na súa obra "Varones ilustres de la Comarca Verinense", ed. Bolaños y Aguilar, Madrid 1946 (no que colabora nese artigo D. Ramón Otero Pedrayo) é o que, xa na década dos corenta do século XX, realizou a primeira biografía do insigne doutor e profesor Eloy Luís André.

 Clasificar a D. Eloy dentro dunha rama específica é moi complicado, e calquera que realice unha pequena análise do panorama cultural da España do primeiro terzo do século XX remata por atopar ao erudito natural de Mourazos (Verín),  xa sexa no ámbito da psicoloxía, da filosofía, o dereito, a economía, a reforma do ensino, ou a reforma da planificación das infraestruturas do estado, como foi o caso das ferroviarias. Estás son algunhas das áreas nas que este sabio galego doutorado pola Universidade de Leipzig e hoxe esquecido, desenvolveu unha actividade que, pola contra, foi moi considerada por algunhas das mentes mais salientables do seu tempo.

 Por moitos motivos, pois, podería hoxe destacar no panorama cultural galego a memoria da figura de D. Eloy Luis André. Seguramente un deles sería o feito de que el foi nada menos que o responsable da introdución en España da Psicoloxía Experimental moderna, dada a súa condición de discípulo destacado e colaborador de Wilhelm Wundt, pai da psicoloxía moderna coma ciencia, e de Rudolf Eucken Premio Nobel de Literatura en 1908.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>