| O Concello abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2025 |
|
|
|
| Martes, 04 Novembro 2025 12:21 |
|
Os días 5, 6 e 7 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal. Horario da Feira do Nadal 2025:
O evento estará ambientado na temática do Nadal e contará coa participación de artesáns e produtores do sector alimentario, que amosarán os seus produtos e decoracións inspiradas no espírito destas tradicionais festas. A inscrición, que terá un custo de 45 euros polos 3 días, está aberta para artesáns e profesionais da alimentación, quen deben cumprir cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presentar unha solicitude a través da sede electrónica do Concello de Verín. (https://verin.sedeelectronica.gal) ata o día 14 de novembro de 2025. O Concello de Verín busca, mediante este evento, apoiar aos pequenos produtores e fomentar o consumo de produtos locais, á vez que ofrece aos asistentes unha experiencia única para gozar do ambiente de Nadal en familia. Máis información Concellería de Feiras: Manuel Lorenzo Oficina de Desenvolvemento Local (Julia) 988410000 Descarga de documentación: - Comunicado Aberto Prazo Inscrición Feira Nadal 2025 - Declaración Responsable Feira Nadal 2025 - Folla Inscrición Feira Nadal 2025 |