Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón
O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 12:11

O Pleno do Concello de Verín rematou hoxe coa complexa tramitación administrativa que permitirá abordar humanización da contorna da Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, creando unha gran zona verde ao seu arredor que conectará a Alameda e a Rúa Maior con 4.500 m² de zona verde. En palabras do goberno municipal, “esta actuación ten un sentido histórico, xa que se trata da máis ambiciosa no casco vello desde que, hai máis dun século, o filántropo García Barbón financiou a ampliación da Praza que hoxe leva o seu nome, así como a reforma da propia Igrexa”.


O plenario municipal deu hoxe o visto bo ao proceso de financiación da actuación, por valor de 475.000 euros, cuxa tramitación xa fora aprobada nun pleno anterior. Trátase do derradeiro paso “dun proceso administrativo moi complexo”, segundo o Goberno municipal, “que culmina agora tras os estudos, permisos, inclusión no PEPRICH e convenio co Bispado de Ourense”, que xa deu o seu consentimento.


Concretamente, tal e como recolle este convenio, “o obxectivo principal desta ordenación é poñer en valor o entorno da Igrexa de María a Maior”, e para tal fin, “deséñase un parque de uso público no interior do bloque e varios edificios que condicionan a valoración da Igrexa”.


Isto suporá a demolición de varios edificios en ruínas, concretamente o edificio do antigo cine parroquial, os alpendres adscritos á Igrexa, os  alpendres pegados aos lindeiros da parcela, mentres que se establece a rehabilitación da casa parroquial.


Porén, a actuación máis destacada, e que suporá “unha revolución que impulsará un auténtico renacemento na zona vella de Verín”, segundo o Goberno municipal, será a creación dun gran parque e unha “zona de comunicación peonil entre o interior do bloque e o parque da  Alameda de 10 m. de ancho e en toda a altura das edificacións colindantes, que poden ter luces e vistas á zona de comunicación peonil”.


Esta nova zona verde interior contará, ademais de coas superficies liberadas das actuais ocupacións por escombros e ruínas, coa área que no atrio da igrexa ocupa a superficie do Cine Parroquial. O Concello, coa financiación que hoxe aprobou o Pleno, comprométese a realizar as obras de paisaxismo e decoración en todo o ámbito de aplicación deste convenio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>