Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Arrinca a nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín
Arrinca a nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Novembro 2025 16:21

O Concello de Verín pon en marcha unha nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos da Casa da Cultura, ofrecendo de novo á veciñanza unha programación estable de cinema comercial de estrea, cunha selección de títulos para todos os públicos e nun espazo cómodo, accesible e de proximidade.


Dende que esta iniciativa botou a andar no ano 2016, converteuse nun punto de referencia na axenda cultural verinesa, achegando unha alternativa de ocio de calidade e permitindo desfrutar das últimas novidades en carteleira sen saír do municipio. O Salón de Actos da Casa da Cultura conta cunha sala acondicionada, con boa acústica e capacidade suficiente para garantir o confort do público asistente.

As entradas, cun custe de 5 euros, poden mercarse 30 minutos antes do inicio de cada sesión.

A programación pechada para novembro e decembro é a seguinte:

 

21 de novembro de 2025

  • San Simón · 20:30 h

 

22 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • San Simón · 19:30 e 22:00 h

 

23 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • San Simón · 19:30 e 22:00 h

 

28 de novembro de 2025

  • La Cena · 20:30 h

 

29 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • La Cena · 19:30 e 22:00 h

 

30 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • La Cena · 19:30 e 22:00 h

 

5 de decembro de 2025

  • Me Has Robado el Corazón · 20:30 h

 

6 de decembro de 2025

  • Me Has Robado el Corazón · 17:00, 19:30 e 22:00 h

 

7 de decembro de 2025

  • Me Has Robado el Corazón · 17:00, 19:30 e 22:00 h
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>