Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno dá luz verde ao orzamento municipal de 2026, que ascende a 16 millóns e prioriza investimento e políticas sociais.
O pleno dá luz verde ao orzamento municipal de 2026, que ascende a 16 millóns e prioriza investimento e políticas sociais. PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 Novembro 2025 00:56

Pleno Concello Verín, 27 de novembro de 2026. O Pleno da Corporación aprobou esta mañá de forma inicial o Orzamento Xeral de 2026, unha ferramenta económica que medra ata os 16.054.179,57 euros e que, segundo subliña o executivo municipal, «pretende dar resposta ás necesidades reais da veciñanza con rigor financeiro, estabilidade e sentido de utilidade pública».



•    Investiranse 3,7 millóns en actuacións clave para a mellora urbana, o patrimonio e os servizos públicos.

•    Este orzamento consolida o equilibrio entre ingresos e gastos, cun incremento do 8,94% respecto ao exercicio anterior.A sesión celebrouse baixo a fórmula de convocatoria extraordinaria e urxente, unha decisión xustificada na orde do día pola necesidade de garantir a entrada en vigor do documento o 1 de xaneiro e evitar a prórroga automática das contas vixentes.

Segundo se recolle na Memoria de Alcaldía integrada no expediente orzamentario desenvolto pola Alcaldía, pola Concellería de Economía e Facenda e polos Servizos de Intervención, o orzamento consolida o equilibrio entre ingresos e gastos, cun incremento do 8,94% respecto ao exercicio anterior.

Un orzamento que aposta polo investimento sostido e a cohesión social
O goberno local destaca que o documento combina prudencia financeira e capacidade inversora, cun capítulo VI que acada os 3,7 millóns de euros, especialmente orientado á mellora de infraestruturas, a renovación urbana e a conservación do patrimonio.

Actuacións previstas para 2026:

ADQUISICIÓNS E PATRIMONIO
•    Adquisición de terreos para patrimonio municipal ? 100.000 €
•    Expropiacións de terreos. Fontenova (Proxectos FEDER) ? 250.000 €

SERVIZOS PÚBLICOS, MATERIAIS E CONTEDORES
•    Árbores e plantas ? 50.000 €
•    Materiais de construción para obras municipais ? 100.000 €
•    Materiais para Parques e Xardíns ? 100.000 €
•    Adquisición de contedores de residuos ? 18.000 €

INFRAESTRUTURAS EDUCATIVAS, DEPORTIVAS E MUNICIPAIS
•    Nova Escola Infantil ? 500.000 €
•    Piscinas Municipais Exterior (nova inversión) ? 50.000 €

VÍAS, URBANIZACIÓNS E PAVIMENTACIÓNS
•    Nova urbanización Avda. Luis Espada – Avda. Portugal ? 60.000 €
•    Pavimentación vías urbanas (COOPOU - Deputación) ? 302.663,71 €
•    Pavimentación Mourazos ? 48.000 €
•    Pavimentación rúa Marbana ? 50.000 €
•    Pavimentación núcleos rurais ? 300.000 €
•    Aceras de formigón rayado/pulido en todo o termo municipal ? 100.000 €

PATRIMONIO E REHABILITACIÓN
•    Rehabilitación edificio histórico Fontenova ? 100.000 €
•    Rehabilitación edificio histórico Recaredo Romero ? 100.000 €
•    Rehabilitación Puente de San Lázaro ? 637.471,57 €
•    Rehabilitación Lonxa Agropecuaria en madeira ? 250.000 €

OBRAS E PROXECTOS FINANCIADOS (SUBVENCIÓNS E PROGRAMAS)
•    Plan LEADER MR701L ? 27.300 €
•    Melloras no Conservatorio (Subv. Deputación) ? 20.000 €

AUGAS, ABASTECEMENTO E URBANISMO
•    Remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento de auga ? 220.000 €
•    Entorno Igrexa parroquial (Casco Histórico)
Demolición de edificacións no entorno da Igrexa Parroquial ? 86.872,88 €

PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA
•    Estudos e proxectos técnicos: PXOM – PEPRICH ? 200.000 €

INVERSIÓN PLURIANUAL (1 proxecto)
•    Plan Camiña Rural AGADER 2026 ? 25.929,25 €


Ao mesmo tempo, increméntase o compromiso co tecido social, cultural e deportivo, a través dun capítulo IV de transferencias correntes que supera os 759.000 euros, mantendo as liñas de apoio a entidades e colectivos da vila.

Por outra banda, o gasto de persoal, que ascende a 6,7 millóns de euros, incorpora as actualizacións salariais previstas a nivel estatal e a consolidación das prazas vinculadas aos procesos de estabilización en curso para 2026.

Outros asuntos aprobados na sesión plenaria
Ademais da aprobación orzamentaria, o Pleno ratificou outros asuntos incluídos na orde do día:

•    Moción do Grupo Municipal do PP sobre a centralización dos xulgados de violencia sobre a muller na capital provincial.

•    Moción institucional para solicitar o mantemento do servizo notarial en Verín, considerada prioritaria para garantir seguridade xurídica e actividade económica na comarca.

•    Adxudicación de dúas operacións de crédito a longo prazo, adxudicadas á entidade CAJA RURAL DE ZAMORA (C.C.), segundo as propostas de Alcaldía e as actas da Mesa de Contratación:

Operación de crédito 2/2025 ? 1.000.000 €
Operación de crédito 3/2025 ? 475.000 €

Ambas ofertas foron as máis vantaxosas en termos de tipo de interese (margen bruto sobre Euribor 3 meses +0,650), ausencia de comisións e garantías, segundo a documentación oficial.


•    Convenio urbanístico coa Diócese de Ourense que permitirá ao Concello adquirir –mediante doazón e compra– diversas parcelas e edificacións situadas na mazá do entorno da Igrexa de Santa María a Maior, co obxectivo de eliminar construcións obsoletas, liberar espazos actualmente en desuso e crear un novo ámbito público de zonas verdes e uso libre plenamente integrado no Casco Histórico. A actuación forma parte da reordenación prevista no Plan Especial e busca mellorar a contorna patrimonial da igrexa, ampliar os espazos de convivencia e garantir unha ordenación coherente e protexida deste enclave urbano.


ESTADO DE INGRESOS

1.- Impostos directos .................................... 3.833.776,90 €
2.- Impostos indirectos .................................. 350.000,00 €
3.- Taxas e outros ingresos ............................. 3.958.814,41 €
4.- Transferencias correntes ............................ 5.413.142,05 €
5.- Ingresos patrimoniais ................................ 3.700,00 €
6.- Alleamento de investimentos ....................... 0,00 €
7.- Transferencias de capital ............................. 389.746,21 €
8.- Activos financeiros ..................................... 105.000,00 €
9.- Pasivos financeiros .....................................2.000.000,00 €

TOTAL INGRESOS ........................................................... 16.054.179,57 €


ESTADO DE GASTOS

1.- Gastos de persoal ......................................................... 6.725.740,31 €
2.- Gastos correntes en bens e servizos ................. 3.610.065,28 €
3.- Gastos financeiros ......................................................... 250.340,57 €
4.- Transferencias correntes ........................................... 759.796,00 €
5.- Fondo de continxencia ................................................ 50.000,00 €
6.- Investimentos reais ..................................................... 3.696.237,41 €
7.- Transferencias de capital ......................................................... 0,00 €
8.- Activos financeiros ....................................................... 105.000,00 €
9.- Pasivos financeiros ...................................................... 857.000,00 €

TOTAL GASTOS .............................................................. 16.054.179,57 €


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>