Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para Ludonadal - Ludoteca de Nadal 2025-2026
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para Ludonadal - Ludoteca de Nadal 2025-2026 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Decembro 2025 15:38

Verín, 4 de decembro de 2025. O Concello de Verín, a través da área de Servizos Sociais, abre o vindeiro xoves 11 de decembro o prazo de inscrición para unha nova edición de “Ludonadal”, a ludoteca de Nadal destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Este servizo municipal, activo en Verín desde o ano 2008 , consolidouse como unha ferramenta fundamental de apoio ás familias durante as vacacións escolares, favorecendo a conciliación laboral e persoal nun período especialmente complexo para a organización familiar.

Este ano, o servizo desenvolverase entre o 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, en horario de 8:00 a 14:30 horas, de luns a venres, nas instalacións do Pavillón de Deportes e nas instalación do CEIP Módulos Amaro Refojo.

Prazas e proceso de inscrición
O programa contará cun total de 100 prazas. As inscricións realizaranse por rigoroso orde temporal de presentación das solicitudes. A praza terá carácter definitivo unha vez iniciado o servizo e só será cuberta por outro solicitante en lista de espera no caso de baixa xustificada segundo os criterios establecidos .

Para formalizar a inscrición será necesaria a presentación dos datos completos da persoa menor e do seu titor/a legal, ademais do xustificante do pagamento, así como o documento de autorización e consentimentos informados (imaxe, protección de datos, grupo de Whatsapp), segundo o modelo facilitado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). 

As familias poden informarse ou inscribirse na conserxería da Casa da Xuventude ou no teléfono:
988 414 776.

Tarifas e condicións económicas
As tarifas establecidas pola Xunta de Goberno Local para Ludonadal 2025/2026 son as seguintes :

•    Xornada completa (8:00 a 14:30 h): 100 €
•    Xornada parcial (calquera tramo diferente ao anterior): 90 €
•    Día solto: 15 €

O pagamento deberá realizarse de forma anticipada na conta municipal indicada no formulario (ES16 2080 5168 1931 1001 5479). Non estará permitido o inicio no servizo sen acreditar o aboamento correspondente. As devolucións só se admitirán por causas extraordinarias debidamente xustificadas ou no caso de que o Concello tivese que suspender o servizo por falta de prazas suficientes ou razóns alleas aos usuarios/as .

- DESCARGUE AQUI O FORMULARIO DE INSCRICIÓN LUDONADAL 2025-2026

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>