Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os expositores outorgan un notable alto á organización da Feira de Nadal 2025
Os expositores outorgan un notable alto á organización da Feira de Nadal 2025 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Decembro 2025 13:26

A área de Feiras do Concello de Verín realizou o balance da edición 2025 da Feira de Nadal a partir das enquisas cubertas polos expositores, nas que a organización municipal obtén unha valoración global de 7,84 (Notable alto). Os resultados reflicten un nivel de satisfacción xeral elevado, con aspectos organizativos que continúan mellorando e unha fidelización crecente dos participantes que lle dan un aprobado as vendas.


As enquisas pedían valorar distintos aspectos do evento, resultando as seguintes puntuacións:

  • Stands: 9,30
  • Horario: 9
  • Ubicación (Praza Maior): 8,69
  • Limpeza: 8,53
  • Organización xeral: 7,02
  • Música: 6,92
  • Satisfacción coas vendas: 6,76
  • Actividades complementarias: 6,53

Satisfacción e continuidade

O 80% dos expositores (21 persoas) aseguraron que volvería participar na edición 2026 da Feira de Nadal, mentres que un 20% non respondeu ou non o especificou.

Ademais, o interese pola Feira do Lázaro 2026 acada un dato especialmente significativo: o 88% (23 expositores) manifesta a intención de participar, fronte a un 12% que non contesta.

O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo, destacou que «os datos deste ano amosan unha tendencia de estabilidade e mellora, cunha valoración xeral notable e cunha resposta moi positiva respecto á continuidade dos expositores. A fidelización é clave», destacou, «para consolidar este evento como referente comercial e social do noso Nadal».

Premios: mellor stand e sorteo da cesta

O premio ao mellor stand natalicio da edición 2025 foi para Magari Clay. (Ariadna Uria Rodríguez)

Pola súa parte, a gañadora do sorteo da cesta de produtos típicos do Nadal foi Sonia Morillo Sánchez.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>