Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Fase Local do Torneo de Natación
Fase Local do Torneo de Natación PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Febreiro 2010 12:21

O vindeiro 27 de febreiro, ás 17 horas, a Piscina Climatizada de Verín acollerá a fase local do Torneo de Natación organizado polo Servizo Provincial de Deportes, a través de Xogade (Xogos Galegos Deportivos), nas categorías de benxamín -nados nos anos 2000, 2001 e 2002- e alevín -1998 e 1999-.

Esta iniciativa vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-; que competirán individualmente, por sexos, nas seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín.

No torneo terán lugar as seguintes fases: local -27 de febreiro-, intercomarcal -segunda quincena de marzo, provincial -segunda quincena de abril- e rexional -só na categoría alevín e no mes de maio de 2010-. Cada fase organizarase nunha xornada única, que dará comezo ás 17 ou ás 10.30 horas, segundo se celebre en xornada de tarde ou mañá. E nas mesmas, cada nadador/a poderá nadar dúas probas individuais e unha de relevos. Nas fases intercomarcal, provincial e galega, participarán os/as nadadores que conseguirán acceso a esta fase -24 mellores marcas individuais por proba e sexo e as 12 mellores marcas en cada proba de relevos da fase anterior-.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>