Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Subvencións para o abandono da actividade comercial por parte de pequenos comerciantes
Subvencións para o abandono da actividade comercial por parte de pequenos comerciantes PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Marzo 2010 12:32

 Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:

- Subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia.

Esta orde ten por obxecto fomentar o relevo xeracional dos empresarios individuais próximos a acadar a idade de xubilación na actividade comercial e a rexeneración do tecido empresarial comercial coa dispoñibilidade do mercado de novos locais comerciais.

Poderán ser beneficiarios desta subvención os comerciantes detallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio. Con carácter accesorio, tamén poderán ser beneficiarios das axudas o cónxuxe, colaborador deste no seu establecemento comercial e autónomo, que reúna os mesmos requisitos que o titular do comercio, no momento da solicitude da axuda polo devandito titular.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 5 de abril de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>