Cincuenta participantes na Fase Local do Torneo de Natación |
![]() |
![]() |
![]() |
Domingo, 28 Febreiro 2010 13:21 |
Un total de cincuenta nenos/as de Verín participaron, o pasado 27 de febreiro, na Fase Local do Torneo de Natación organizado por Xogade (Xogos Galegos Deportivos) e o Servizo de Deportes do Concello de Verín. Esta competición estaba dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-, nas categorías de benxamín -nados nos anos 2000, 2001 e 2002- e alevín -1998 e 1999-, e que competiron individualmente nas seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín. |