Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Torneo de Fútbol de Veteranos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Marzo 2010 13:05

A área deportiva de A Granxa acollerá o vindeiro 20 de marzo, a partir das 17 horas, un Torneo de Fútbol de Veteranos, no que participarán Deportivo de La Coruña, G.D. Chaves e Verín C.F.

En devandito torneo, con entrada gratuíta, disputaranse os seguintes partidos: Deportivo de La Coruña - Verín C.F. (17.30-18.15), G.D. Chaves – Verín C.F (18.30-19,15), Benxamíns Fútbol 7 Verín C.F. – Escolas Deportivas Municipais  (19,15-19.45) e. Deportivo de La Coruña - G.D. Chaves (19,45-20,30). Ademais, entre as 18.15 e 18.30 horas actuarán alumnos/as de aeróbic das Escolas Municipais de Verín.


No cadro de futbolistas do Deportivo de La Coruña, campión da Liga Placo Indoor 2008 e Copa de España 2008, xogan nomes relevantes como Songo´o,  Naybet,  Donato, Fran, Manjarín,  Emerson, Djalminha o Paco Jémez. O Grupo Desportivo de Chaves, participante na Liga Europea de Veteranos e campión de numerosos torneos ao longo da xeografía portuguesa, contará coa participación de xogadores internacionais como Diamantino. E a Asociación de Veteranos do Verín C.F., creada a finais do ano 2009 con obxectivos sociais e deportivos, está conformada por antigos xogadores de fútbol da comarca de Monterrei.

 
?>