Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Festa dos Maios
Festa dos Maios PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Abril 2010 11:12

A praza da Alameda acollerá o sábado día 1 a Festa dos Maios, desde as 11.30 ás 14 horas. Esculturas feitas con elementos naturais, música  tradicional, xogos populares, comida de romaría e reparto gratuíto das coplas do Certame Enrique Gómez Pato, ambientarán esta manifestación cultural.

Está prevista a participación na Concentración de Maios Enrique Gómez Pato,  dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, das asociacións culturais “Verinense de Amigos da Música”, “Sons do Mestremiro” e “Chavorrí”, e do Verín C. F.

No apartado de xogos populares, celebraranse o Trofeo de Chave Ricardo Soto e o Trofeo de Petanca Festa dos Maios, nos que se espera a participación de xogadores de Verín e de Oímbra.

Unha polbeira instalará unha carpa na Praza da Alameda. Os consumidores pagarán, como en anos anteriores, exclusivamente as racións de polbo. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei colabora ofrecendo o viño que se sirva, Aguas de Sousas serve gratuitamente a auga e o Concello de Verín faise cargo dos gastos do pan.

No que á animación musical se refire, cóntase coas actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín,  que desfilará polas avenidas de Portugal e Luis Espada, praza e rúa da Mercede, rúa da Cruz e praza García Barbón, antes de ofrecer un concerto na praza da Alameda.

A Festa dos Maios recuperouna en Verín Enrique Goméz Pato a mediados da década dos cincuenta. Desde entón, “O Pato” -coa colaboración dos seus fillos- e despois a Asociación Cultural Os Choupos e o Movimiento Junior, foron os continuadores desta expresión de cultura tradicional. Con eles Verín seguiu cantándolle á primavera e facendo crítica dos acontecementos locais ou externos con rima de copla.


No primeiro quinquenio dos oitenta, con José Ramón González Sola “Fanfán” como concelleiro de festexos, a festa recibiu un impulso por parte da institución municipal, con actividades paralelas, aliciente gastronómico e subvencións á creación de maios e impresión gratuíta das coplas aos colectivos que non pretendan a venda.

Nesa liña de festa aberta á participación activa de asociacións e centros de ensino, mantívose nas últimas décadas.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>