Programas de Fins de Semana Saudables 2010 |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 10 Maio 2010 13:23 |
Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores concentracións de mananciais de augas termais e minero-medicinais da península, recursos que constitúen unha importante fonte de oportunidades para acadar a clasificación de Destino Turístico Termal e o desenvolvemento dunha área de xcelencia turística centrada na saúde e o lecer. Os programas de Fins de Semanas Saudables 2010, no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, realízanse en conxunto con empresas de restauración e hostalería de ambos municipios e o SPA do Emperador das Termas de Chaves. Ademais, buscan consolidar un espazo de excelencia turística termal nesta zona, aproveitando complementariedades, polo que se opta por ofertar aloxamento e restauración en Verín, e tratamentos no SPA do Emperador das Termas de Chaves.
|