Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS. PDF Imprimir Correo-e

 

 

 

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

 

No uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co que dispoñen os arts. 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa por expedición de documentos administrativos " que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó que prevé no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

 

Artigo 2º.- Feito Impoñible.

 

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa densenvolta con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

 

2.- A estos efectos, entenderáse por tramitada a instancia de parte de calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

 

3.- Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos.

 

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

 

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que o seu interés redunde a tramitación do documento ou o expediente de que se trate.

 

Artigo 4º.- Responsables.

 

1.- Responderán con solidariedade das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

 

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

 

Artigo 5º.- Exencións subxectivas.

 

Gozarán de exención aqueles contribuíntes no que concorra algunha das seguintes circunstancias:

 

1ª.- Que foran declaradas pobres por precepto legal.

2ª.- Estar inscritos no padrón da beneficiencia como pobres de solemnidade.

3ª.- Que obtiveran o beneficio xudicial de pobreza, respecto ós expedientes que deben surxir efecto precisamente, no procedemento xudicial no que fosen declarados pobres.

 

Artigo 6º.- Cota tributaria.

 

1.- A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada según a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

 

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

 

3.- As cotas resultantes pola aplicación das anteriores tarifas incrementaráse nun 50 por 100 cando os interesados solicitásen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen a obriga de pagamento.

 

Artigo 7º.- Tarifa.

 

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:

 

CONCEPTO IMPORTE
1.- Altas, baixas e alteracións do padrón de habitantes 225 ptas
2.-Por certificacións de empadroamento 225 ptas
3.- Por certificados de convivencia, residencia, etc. 225 ptas
4.- Certificacións de Secretaría e Intervención  
* Si se concreta data 2.000 ptas
* Si non se concreta data 2.450 ptas
5.- Solicitudes de línea e rasante de edificación 350 ptas
6.- Solicitudes de información urbanística 2.000 ptas
7.-Solicitudes de licencia de apertura 2.000 ptas
8.-Compulsas, visados, comparecencias, etc 350 ptas
9.- Permisos para festas 5.500 ptas
10.-Por cada expediente de declaración de ruína. 5.500 ptas

11.-Por certificados sobre peritaxes

5.550 ptas
12.- Por concesións e licencias de obra:  
* Ata 5.000 ptas do orzamento 175 ptas
* De 5.001 a 25.000 ptas 350 ptas
* De 25.001 a 50.000 ptas 700 ptas
* De 50.001 a 100.000 ptas1.100 ptas
* De 100.001 a 200.000 ptas 2.500 ptas
* De 200.001 a 500.000 ptas 2.775 ptas
* De 500.001 a 1.000.000 ptas 3.875 ptas
* De más de 1.000.000 ptas 5.550 ptas
13.- Fotocopias en xeral, cada unha 30 ptas

 

Artigo 8º.- Bonificacións da cota.

 

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

 

Artigo 9º.- Obriga de pagamento.

 

1º.-A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza nace cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

 

2º.- Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, a obriga de pagamento prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando ésta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

 

Artigo 10º.- Declaración e ingreso.

 

1.- A taxa esixiráse en réxime de autoliquidación, polo procedemento dun selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestos mesmos si aquel escrito non existise, ou a solicitude non fora expresa.

 

2.- Os escritos que se recibiron polos conductos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, admitiránse provisionalmente, pero non se lle poderá dar curso, sen que se subsane a deficienca, con tal motivo requeriráselle ó interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondientes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teránse os escritos por non presentados e archivaráse a solicitude.

 

 

Artigo 11º.- Infraccións e sancións.

 

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

 

 

DISPOSICION DERRADEIRA

 

O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

 

 

O alcalde, O secretario,

 

 

 

 

 

DILIXENCIA:

 

 

Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.

 

 

O secretario,

 

 

?>