Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Alumnos/as de Chaves e Verín conmemoran o Día Mundial da Infancia cunha visita ao Circo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Maio 2010 11:41

No ámbito do Día Mundial da Infancia, o 1 de xuño, os municipios de Chaves e Verín organizan conxuntamente unha actividade singular e diferente para todos/as nenos/as dos colexios de Infantil e de 1º ciclo de Primaria de ambas localidades: unha visita ao circo.

Este espectáculo, que fará as delicias dos/as pequenos/ con actuacións animadas e a presencia de pallasos, estará instalado xunto á Av. Nun’Álvares (Ancho do Monumento, en Chaves), os días 31 de maio e 1 de xuño, para facilitar a participación de todos/as os/as alumnos/as flavienses e verinenses.

Devandita actividade, celebrada xa nos dous anos anteriores, está integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e busca promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.

Nesta ocasión acudirán os/as nenos/as de Verín a Chaves, esperándose a participación de 3.000 alumnos/as flavienses e 600 verinenses.

 
?>