Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Convenio de Cooperación Educativa entre a Universidade de Vigo e o Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xuño 2010 12:22

No contexto da Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Verín e a Universidade de Vigo asinaron un Convenio de Cooperación educativa, no marco do programa oficial de posgrao “Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial”, para a realización de prácticas profesionais dos estudantes do mesmo, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade Chaves-Verín.

Devandito convenio é un froito máis das labores de cooperación no ámbito universitario que se teñen establecido dende o Concello de Verín, para favorecer e potenciar a difusión dos obxectivos deste proxecto transfronteirizo, permitindo así que os estudantes de devandito postgraduado fagan prácticas laborais no Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade Chaves-Verín. O obxectivo específico será o de proporcionarlle unha visión global do proxecto de cooperación transfronteriza “Eurocidade Chaves-Verín” que están a desenvolver ambas cidades. Estas prácticas permitirán aos/ás alumnos/as ter información de primeira man sobre a experiencia da colaboración transfronteiriza, xa que participarán de forma activa nas actividades estivais que xa están calendarizadas.


 
?>