Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival de Música Via Stellae organiza en Verín dous concertos da súa quinta edición
O Festival de Música Via Stellae organiza en Verín dous concertos da súa quinta edición PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Xullo 2010 12:46

Verín acolle dous concertos desta edición 2010 do Festival de Música de Compostela e os seus Camiños ‘Via Stellae’ que promove a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.


O primeiro deles terá lugar mañá 9 de xullo, ás 21 horas, na Igrexa Parroquial de Santa María A Maior. No mesmo a formación Camerana Quiodi dirixida Plamen Velev interpretarán Serenata para cordas: Tchaikovski e Elgar. Este conxunto instrumental foi creado no ano 2001 por iniciativa do violoncelista Plamen Velev co propósito de ampliar a oferta de música de cámara como complemento da programación das grandes orquestras en Galicia. A súa composición é variable, e segundo as necesidades da programación conta coa colaboración de salientables músicos galegos e de prestixio nacional. Un dos seus obxectivos é fomentar o coñecemento da cultura musical entre a xente máis nova e preparou numerosos concertos didácticos por encarga do Concello e a Universidade de Santiago, iniciativas que tiveron unha gran repercusión e aceptación nos círculos educativos e docentes.

Protagonistas do segundo dos concertos serán Jorge Rentaría, Beatriz López e Javier Gutiérrez, que interpretarán obras de Strauss, Bernstein e Reinecke na súa
Fantasía para clarinete, trompa e piano. O mércores 21 de xullo, ás 20.30 horas, na Igrexa dos Mercedarios.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>