'Enxebre', de Enrique Galindo |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 30 Xuño 2008 12:36 |
Desde o 30 de xuño ata o 15 de xullo Casa do Escudo de Verín. Exposición “Enxebre” de Enrique Galindo. “Enxebre” é unha mestura entre pintura e fotografía. O autor parte de elementos reais, detalles da Galicia rural, que recolle coa súa cámara e posteriormente plasma no lenzo. Un xogo de estruturas e cores, onde o delicado convive co abrupto, establecendo un diálogo entre o sentimento e a razón. A técnica empregada nesta mostra é o acrílico, acuarela ou técnica mixta sobre lenzo, papel ou madeira. A exposición compleméntase cunha proxección acompañada de música tradicional. |