Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ADXUDICACIÓN DEFINITIVA EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS VERÁN (TEMPADA 2008)
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS VERÁN (TEMPADA 2008) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2008 12:37
Logo de ter lugar a contratación para adxudicar o servizo que despois se referenciará, mediante procedemento negociado sen publicidade o alcalde, por Decreto de data 25.6.2008, acordou:
Visto que con data 27.05.2008 dictouse Providencia desta Alcaldía expondo a necesidade de realizar unha serie de actuacións nas piscinas municipais, como son a explotación do bar, o mantemento e limpeza da zona exterior e a colaboración dun socorrista.
Visto que con data 27.05.2008 aprobouse inicar o expediente para a contratación referenciada motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta, redactándose e aprobando os correspondetes pregos que han de rexer a adxudicación do contrato.

Logo de ter lugar a contratación para adxudicar o citado servizo, mediante procedemento negociado sen publicidade e, consonte coa acta que contén as actuacións que realizou a Mesa de contratación, así como a súa proposta, declarouse válida a licitación e adxudicouse provisionalmente o seguinte:

SERVIZO: explotación do bar das piscinas municipais de verán e servizos complementarios, tempada de 2008
ADXUDICATARIA: Dolores Hervella Navarro
DOMICILIO: Edif. San Martiño, 4-ático I . Vilela (Verín)
CANON: 600 euros
GARANTÍA DEFINITIVA: 100,00 euros

Visto que con data 04.06.2008, a adxudicación provisional notificouse a todos os candidatos e publicouse no Perfil de Contrtante do órgano de contrtación.

Visto que a adxudicación provisional notificouse ao adxudicatario requiríndolle para que presentara a documentación xustificativa de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e constituíse a garantía definitiva.

Visto que con data o adxudicatario constituíu garantía definitiva por importe de 100,00 euros e presentou os documentos xustificativos esixidos.

Examinada a documentación que a acompaña, e de conformidade co establecido no artigo 135.4 e na Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.

PRIMEIRO. Elevar a definitiva a adxudicación provisional do contrato de EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS DE VERÁN TEMPADA 2008 aprobada por Decreto de Alcaldía de data 03.06.2008 e publicada no Perfil de Contratante con data 04.06.2008.

SEGUNDO. Dispoñer o gasto con cargo á partida correspondente do orzamento vixente de gastos.

TERCEIRO. Notificar a adxudicación definitiva aos candidatos que non resultaron adxudicatarios.

CUARTO. Notificar a Dolores Hervella Navarro, adxudicataria do contrato, a presente Resolución e citarlle para a sinatura do contrato no prazo máximo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva.

QUINTO. Publicar a adxudicación definitiva do contrato no Perfil de contratante.

O que comunico para os efectos oportunos.
O alcalde


Juan Manuel Jiménez Morán
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>