Conclúen as obras de reparación da fonte do parque da Alameda |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 09 Agosto 2010 10:38 |
As mesmas permitiron re/parar e acondionar os surtidores e o interior desta fonte, que “non funcionaba desde fai oito anos”, recoñece o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e que “supuña un perigo para os nenos e usuarios deste parque, xa se atopaba chea de cristais e lixo depositado por vándalos, que se dedican a estragar os espazos públicos da vila". Unha situación que propiciou o valado de devandita fonte para evitar danos entre os usuarios da Alameda. Este espazo verde, situado no centro urbano de Verín, foi totalmente remodelado polo actual grupo de goberno, grazas á construción de dous parques infantís con chan de caucho, unha pista de petanca, un parque biosaludable e substitución do mobiliario urbano. |