Limpeza do río Forno en Verín |
Mércores, 06 Outubro 2010 13:11 |
Unha vintena de voluntarios/as do proxecto ‘Remóllate polo río’, organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas coa colaboración do Concello de Verín, desprazáronse ata Feces de Cima para limpar a canle do río Forno, que une esta localidade coa de Feces de Abaixo.
Durante a iniciativa, de dúas horas de duración, os/as asistentes e operarios do Concello de Verín recolleron lixo depositado nas marxes deste río, e ao finalizar realizaron un xantar para os/as participantes. |