Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Máis de 450 nenos verinenses visitan a Exposición ‘Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade Chaves-Verín’ PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Outubro 2010 16:18

Un total de 480 alumnos/as alumnos/as verinenses de infantil e primaria do CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada visitan a exposición ‘Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade Chaves-Verín’, organizada para amosar os cadros dos vencedores da primeira edición do Concurso Fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade’ e o destinado a creación da mascota ‘Chavín’.

A visita a esta mostra permitiu a todos/as estes/as alumnos/as coñecer as actividades culturais, educativas e deportivas que se están a realizar no ámbito da Eurocidade  Chaves-Verín, así como os obxectivos últimos deste proxecto de cooperación transfronteiriza. Por este motivo, técnicos do Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade realizaron unha presentación interactiva, na que se lle amosou aos presentes todas as actuacións realizadas, as futuras e as vantaxes que proporcionará este proxecto aos/ás cidadáns/nas de Chaves e Verín, destinado a promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.

Esta exposición destes dous concursos, creado co obxecto de incentivar á participación dos/as alumnos/as verinenses e flavienses na construción da Eurocidade, viaxará nas vindeiras semanas o municipio de Chaves, onde será visitado por nenos/as dos centros educativos da zona.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>