Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Campaña para a recollida de xoguetes e alimentos na Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Novembro 2010 11:55

Baixo o lema ‘Comparte sorrisos e ilusións’ a Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves)  organizan unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos, a partir do 1 de decembro.

A mesma permitirá a recolección de xoguetes (novos e usados) e alimentos non perecedoiros que serán repartidos entre diversas entidades benéficas. Mentres que os xoguetes se entregarán aos/ás nenos/as do orfanato da localidade lusa de Chaves os alimentos estarán destinados aos maiores do municipio de Verín, co efecto de concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen.

En Verín, os xoguetes novos e usados, pero en bo estado, poderán entregarse na sede de AEVER (R/ Pedro González), de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, ata o 22 de decembro. Mentres que os alimentos recolleranse, ata o 4 de xaneiro, nas instalacións nas que se realiza Ludonadal, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas,  e no pavillón de Deportes os días 28 de decembro (coincidindo coa chegada do Carteiro Real) e 2 de xaneiro de 2011 (durante o Espectáculo de Pallasos).

No caso de Chaves, tanto os xoguetes como os alimentos poden entregarse na sede de ‘Ludonatal’, Ludoteca do Pai Natal: A Terra dos Sonhos, que se situará no antigo cine-teatro da localidade, na rúa Santo Antonio, de 10 a 13 e de 15 a 19 horas, entre os días 16 e 22 de decembro.

Os xoguetes repartiranse aos/ás nenos/as do Orfanato de Chaves o día 23 de decembro, en horario de tarde, e os alimentos aos maiores necesitados de Verín o día 5 de xaneiro, tamén polo serán.

 
?>