Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
‘Día do Emprendedor’ na Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Novembro 2010 10:07

A Eurocidade Chaves-Verín organiza o 9 de decembro o ‘Día do Emprendedor’, destinado a impulsar e apoiar a figura dos homes e mulleres con espírito emprendedor, tanto de aqueles que xa crearon unha empresa no seu día como os que o fagan no futuro.

Durante esta xornada, que se realizará no Auditorio do Centro Cultural de Chaves, desenvolveranse accións que permitan coñecer casos de éxito, oportunidades de negocio, servizos de apoio existentes, novas liñas de traballo a seguir e os procesos de asesoramento destinados a creación de empresas a curto prazo. A mesma está destinada aos emprendedores do presente e futuro, alumnos/as de Formación Profesional, Bacharelato, Secundario e obradoiros de emprego, desempregados, empresarios de ambos municipios ou axentes implicados no desenvolvemento de novas empresas.

O programa de actividades previstas para o ‘Día do Emprendedor’, terá inicio tras a presentación das xornadas por parte do presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Esta iniciativa está dividida en catro bloques. No primeiro deles, “Presentación de oportunidades de negocio na Eurocidade”, exporanse relatorios sobre a fronteira comercial aberta, o cooperativismo como oportunidade para os emprendedores, proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e ideas de negocio na mesma. No segundo, “Presentación de servizos de apoio ao emprendedor na Eurocidade”, os poñentes abordarán os servizos técnicos ofertados pola Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense e ACISAT/ADRAT. Xa durante o terceiro, “Paneis temáticos sobre coooperación transfronteriza empresarial”, amosarase información sobre a cooperación transfronteriza, economías de escala e dinamización empresarial, así como o papel dos emprendedores. Para concluír, o cuarto bloque, “Emprendedores con historia”, no que participarán empresarios dos tres sectores produtivos -agricultura, industria e servizos- de ambos municipios.

Os interesados en participar nesta iniciativa poden inscribirse no Edifício Polis (Ladeira da Trindade, nº 17, 5400 - 554 Chaves), Concello de Verín ou nos seguintes correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para máis información, poden consultar a páxina webwww.eurocidadechavesverin.eu

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>