Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de cincuenta proxectos presentáronse ao concurso de ideas do Centro das Artes Municipal de Verín
Máis de cincuenta proxectos presentáronse ao concurso de ideas do Centro das Artes Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Decembro 2010 14:04

Nesta semana concluíu o prazo de presentación de proxectos para o concurso de ideas para a selección do anteproxecto de construción do Centro das Artes Municipal de Verín, ao que se presentaron un total de cincuenta e tres procedentes de diferentes puntos do territorio español, como Bilbao, Barcelona, Valencia, Gijón, Oviedo, Valladolid, Segovia, Madrid, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.


Devandito concurso de ideas, realizado mediante un convenio asinado coa Consellería de Cultura e Turismo, ten unha dotación de 230.000 euros. O mesmo recoller propostas para a construción desta nova instalación que contará cunha sala principal, cun aforo de 700 persoas, sala complementaria con capacidade para 150 espectadores, escenario, vestíbulo, camerinos, salas de ensaio, franxas de servizos, espazos para a formación musical e de danza, sala de exposicións, cafetería-restaurante, aparcadoiros e urbanización do entorno.

Os premios que se establecen para este concurso son os seguintes:
- Un primeiro premio de vinte mil euros (20.000 €). Este premio terá a consideración de un pago a conta dos honorarios a percibir pola redacción do proxecto básico e de execución do Anteproxecto de construción do Centro das Artes Municipal de Verín.
- Un segundo premio de sete mil euros (7.000 €).
- Un terceiro premio de tres mil euros (3.000 €).

A selección do anteproxecto de construcción do Centro das Artes Municipal de Verín será efectuado por un xurado -conformado por un presidente (alcalde de Verín), vocais (director xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo, un técnico a nomeamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, arquitecto municipal do Concello de Verín, arquitecto designado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e un arquitecto de recoñecido prestixio a nomeamento da Consellería de Cultura e Turismo) e o secretario (secretaria do Concello de Verín)-, con carácter aberto, anónimo (baixo lema) que se encadra como proxectos con intervención de xurado e con asignación de premios, regulado nos artigos 168 a 172 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Os criterios de valoración que aplicarán o xurado son (a máxima puntuación é de ostenta puntos):
- Pola calidade construtiva e arquitectónica da edificación proposta (ata 40 puntos).
- Pola calidade da implantación da edificación na parcela: a urbanización proposta no entorno do edificio (ata 15 puntos).
- Pola incorporación de sistemas, materiais e tecnoloxías para o mantemento sostible do edificio, a aplicación de criterios bioclimáticos, de ecosostibilidade e aforro enerxético no desenvolvemento do proxecto e no proceso construtivo, que faciliten tanto a execución do edificio, como o seu mantemento sostible e melloren a súa calidade técnica (ata 15 puntos).
- Polo menor custo de construción ou execución da proposta. A estes efectos se valorarán independentemente os custos do propio edificio do auditorio e o de acondicionamento exterior da parcela (ata 10 puntos).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>