Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’
Exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’ PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Decembro 2010 13:18

A Casa do Escudo de Verín acolle entre os días 13 de decembro e 8 de xaneiro a exposición ‘Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia’.

A exposición está promovida polo Concello de Verín, coa colaboración da Delegación Diocesana de Misións de Ourense e a Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica “Miño” de Ourense, Museo Munipal de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense e Liceo Recreo Ourensán.

A mostra pode visitarse de luns a sábado das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas. Tamén se programan visitas para grupos, con monitores que explican as características das coleccións de filatelia que se exhiben e os pormenores dos beléns e da artesanía que se mostra.

Beléns do Mundo
No apartado Beléns do Mundo, a mostra exhibe 35 misterios de Nadal con máis dun centenar de figuras exentas en pequenas dimensións, procedentes de Madagascar, Camerún, Brasil, Ecuador, Perú, Colombia, México, Venezuela ou Portugal, entre outros países. Os beléns que se presentan teñen entre 1 e 12 pezas, nalgúns casos son miniaturas, e están feitos de materiais vexetais (madeira de ébano, “naranjillo”, tagua [“marfil vexetal”]; cana, folla de millo ou cabaza), animais (oso) ou minerais (arxila, pedra, alabastro, barro, etc).

Esta parte da exposición compleméntase con máis dunha trintena de pezas de artesanía (telas, tapices, batíks...)  que proceden de Latinoamérica e África.  Tamén se exhiben algúns instrumentos de percusión africanos. Aos misioneiros da comarca de Verín están dedicados unha serie de paneis informativos sobre o lugar de  nacemento de cada misioneiro, a súa localización actual, a orde á que pertencen, fotos, cartas ou entrevistas.

A maioría do material que se expón pertence á Delegación Diocesana de Misións de Ourense.

Filatelia Natalicia
A parte filatélica da exposición está montada sobre 8 paneis acristalados de 2 x 1 metro, dedicados integramente á temática natalicia no mundo. Os paneis presentan centenares de  selos dos cinco continentes, series completas e información adicional sobre o interese artístico, histórico, social ou xeográfico de cada un dos timbres expostos. Destaca neses paneis as diferentes formas nas que as diversas culturas do planeta interpretan o misterio de Nadal.

Os selos que se mostran en Filatelia Natalicia son propiedade de socios da Sociedad Filatélica, Numismática y Vitolfílica “Miño”, responsable deste apartado da exposición.

Colecta
Na exposición Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia faise unha colecta para as misións das  Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Maputo (Mozambique) e Bucaramanga (Colombia).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>