Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación das actuacións incluídas no Plan de Infraestruturas de Medio Rural
Presentación das actuacións incluídas no Plan de Infraestruturas de Medio Rural PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Decembro 2010 13:39

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentou esta mañá as actuacións de mellora de infraestruturas que se van a realizar no municipio, incluídas no Plan de Infraestruturas de Medio Rural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.


A primeira delas é a renovación do abastecemento en O Salgueiro, “para cambiar unha tubaxe de uralita, que ten moito anos e onde se producen roturas, na rúa principal da localidade”, indica o rexedor. Dotarase dunha tubaxe de 75 mm. de diámetro de alta calidade -con dez atmosferas de presión-, que se recubrirá con dobre capa de tratamento asfáltico e cuxo total da obra ascende a 30.000 euros.

A segunda é a pavimentación dos accesos que une Caldeliñas co campo dos Remedios -onde está situado o santuario mariano dos Remedios- e o da OU-113 coa localidade de Villamaior. “Son dous tramos, un 795 metros e outro de 410, cun ancho total da estrada de catro metros”, recoñece Jiménez Morán, que tamén inclúe unhas cunetas de 1,80 para evitar que en épocas de choiva concéntrese auga, unha capa de triplo asfáltico”. O orzamento desta actuación será de 52.967 euros.

Nesa mesma zona, céntrase a terceira mellora que une un camiño que une Caldeliñas e O Salgueiro, con dous tramos diferenciados de 425 e 365 metros, un ancho total de 4 metros, canalización da rega da auga mediante un marco prefabricado de 36 metros de lonxitude de formigón armado, realización de arcénes, así como a pavimentación da mesma. Neste caso o orzamento é de 58.966 euros.

“Todas elas constitúen unha vella reinvindicación dos veciños destas localidades”, recoñece o alcalde, “e empezarán a executarse en xaneiro do ano 2011”.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>