Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Programación Nadal 2010 – Reis 2011
Programación Nadal 2010 – Reis 2011 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Decembro 2010 13:55

O Concello de Verín con motivo da celebración do Nadal 2010 e os Reis 2011 organiza a seguinte programación cultural e festiva no municipio:

• Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia (do 13 de decembro ao 8 de xaneiro).
Exposicións de misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Organizado polo Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A exposición pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

• Concerto de Nadal (18 de decembro, ás 12 horas).
Na Casa da Cultura de Verín. Organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín e patrocinado polo Concello de Verín.

• Concerto de Nadal (18 de decembro, ás 12 horas).
A cargo do grupo instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. Na Residencia de Anciáns Santa María. Organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín e Concello de Verín. Colabora a Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

• Curso de Música Caseira (18 de decembro, de 18 a 20 horas).
Programa de dinamización lingüística Bocaberta – Detrás da Canción. No Telecentro da Casa da Xuventude. Organizado e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Verín.

• Concerto acústico The Homens e Projecto Mourente (18 de decembro, ás 20 horas).
Programa de dinamización lingüística Bocaberta – Detrás da Canción. No Telecentro da Casa da Xuventude. Organizado e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Verín.

• Ludonadal (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro).     
Destinado a incentivar a actividade do comercio tradicional en Verín,  proporcionar aos/as nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións e facilitar a conciliación a vida laboral e familiar dos pais e nais. De luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas no centro de educación infantil do Amaro Refojo. Organizado polo Concello de Verín, a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Eurocidade chaves-Verín e Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves).

• Concerto Ola, Ola, La! (23 de decembro, ás 17 horas).
Programa de dinamización lingüística Bocaberta. No Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Actuación de Mamá Cabra para nenos/as de oito anos e público familiar. Organizado e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Verín.

• Estreo da obra teatral “La Cerillera” (23 de decembro, ás 19 horas).         
Na Casa da Cultura. Organizado pola Asociación de Amigos de la Cultura y el Ocio ‘La Caja de Pandora’ coa colaboración do Concello e Verín.

• Concerto Coral (25 de decembro, ás 19 horas).         
Actuación do Coral de Verín no Hospital de Verín. Organizado e patrocinado polo Concello de Verín en colaboración coa Fundación Hospital de Verín.

• Cantos Sacros e Vilancicos (26 de decembro, ás 10 horas).         
Actuación do Coral de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Organizado e patrocinado polo Concello de Verín en colaboración coa Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

• Clínic de adestramentos do COB Augas de Sousas (26 e 27 de decembro, mañá e tarde).
No complexo deportivo A Granxa. O día 26 de decembro, de 11 a 13 e de 17 a 20 horas, adestramento do equipo de baloncesto ourensán; mentres que o 27 de decembro as sesións de adestramento son de 11 a 12 e de 17 a 20 horas. Tamén o día 27, de 12 a 13 horas, os xogadores do COB Augas de Sousas entregarán posters asinados, camisetas e autógrafos para os/as nenos/as.

• Cantar e Contar en Familia (27 de decembro, de 16.30 ás 18 horas).     
Programa de dinamización lingüística Bocaberta. Na Casa da Cultura. Obradoiros familiares de xogos a través da canción. Organizado e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Verín.

• Carteiro Real (28 de decembro, de 16 ás 19 horas).      
No Pavillón Municipal de Deportes de Verín. De 16 a 18 horas, obradoiros de globoflexia, pulseiras, maquillaxe infantil, chapas, pinta, colorea e recorta, xogos tradicionais. Ás 17.30 horas, chegada do Carteiro Real e a partir das 18 horas chocolatada con churros. Con anterioridade o emisario dos Reis Magos pasará polo Concello de Verín onde recollerá todas as cartas deixadas polos/as nenos/as do municipio nunha caixa de correos, cedida pola oficina de Correos de Verín e que estará na diante da casa consistorial durante o mes de decembro. Organiza o Concello de Verín.

• Ciclo de Contacontos Interculturais no Nadal (29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro, ás 19 horas).      
No Casa da Cultura.  Participan: Raquel García (29 de decembro), Servando Barreiro (30 de decembro), Fátima Fernández (3 de xaneiro) e Anxo Moure (4 de xaneiro). Organizado polo Concello de Verín.

• Pazolandia (30 de decembro).      
Parque de atraccións infantil máis grande de Galicia, os nenos/as entre 7 e 12 anos poderán divertirse en pistas de esquí artificiais, rocódromo, pistas de autos e motos especialmente deseñados para os nenos/as de distintas idades; obradoiros de chapas, pinturas e globos; karaoke infantil, videoxogos, e outras moitas actividades, que se distribuirán nunha área de 8000 metros cadrados, no Pazo dos Deportes “Paco Paz” e terreos que o rodean. O prezo que pagará cada inscrito/a será de 10 euros, que inclúe os gastos de desprazamento e entrada a Pazolandia, onde os/as participantes estarán dende a hora de apertura ata o peche da sesión matinal. A saída do autobús será ás 9.45 horas, diante da praza do Concello, e a chegada de regreso do autobús a Verín está prevista para ás 14.45 horas, diante da praza do Concello. Organiza o Concello de Verín.

• Cotillón Infantil de Noitevella (31 de decembro, de 11 ás 12.30 horas).
Na praza do Concello de Verín. Música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas para os máis pequenos/as. Organizado polo Concello de Verín.

• Cantos de Aninovo (2 de xaneiro, ás 10 horas).
Actuación do Coral do Centro Sociocomunitario de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Organizado polo Centro Sociocomunitario de Verín en colaboración coa Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados e o Concello de Verín.

• Espectáculo de Pallasos (2 de xaneiro, ás 18.30 horas).
No Pavillón Municipal de Deportes de Verín a cargo de Rivel Animación. Organizado pola Eurocidade Chaves-Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER). Agasallo para todos/as os/as nenos/as participantes.

• Concerto de Reis (6 de xaneiro, ás 20 horas).
Concerto do Coral de Verín  na Igrexa da Mercé. Organizado e patrocinado pola Asociación Verinense de Amigos da Música en colaboración coa Comunidade Mercedaria de Verín.

• Cabalgata e Gala de Reis (5 de xaneiro, de 16 ás 20 horas).
Visita dos Reis Magos á Residencia de Anciáns Santa María. Cabalgata na que cen nenos/as disfrazados/as de pastor/a, anxos e estrelas acompañarán aos Reis Magos polas rúas de Verín. Gala no Pavillón Municipal de Deportes. Organizado polo Concello de Verín.

• Concerto da Polifónica do Centro Sportivo de Ponteareas (8 de xaneiro, ás 20 horas).
Concerto de cantos de berce, clásico e populares na Igrexa da Mercé. Organizado e patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes. Colaboran a Comunidade Mercedaria de Verín e o Concello de Verín.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>