Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ordenanzas REGULAMENTO REGULADOR DE VERTIDOS E USO DO SISTEMA PUBLICO DE SANEAMENTO
REGULAMENTO REGULADOR DE VERTIDOS E USO DO SISTEMA PUBLICO DE SANEAMENTO PDF Imprimir Correo-e

regulamento.htm



NORMATIVA APLICABLE


CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS



Artigo 1.- Obxecto.

Artigo 2.- Finalidades.

Artigo 3.- Instalacións incluídas como sistemas públicos de saneamento.

Artigo 4.- Ámbito de aplicación.

Artigo 5.- Definicións.

Artigo 6.- Explotación do Servizo de Sumidoiro e Estación Depuradora.

Artigo 7.- Relativo ás Normas Urbanísticas.




CAPÍTULO II. OBRIGAS E DEREITOS DA ENTIDADE XESTORA E DOS USUARIOS



Artigo 8.- Usuarios suxeitos.

Artigo 9.- Obrigas e dereitos da entidade xestora.

Artigo 10.- Obrigas e dereitos dos usuarios.




CAPÍTULO III. EMPREGO DO SISTEMA DE SANEAMENTO EN BAIXA



Artigo 11.- Condicións previas para a conexión.

Artigo 12.- Requisitos e características básicas da acometida ao sistema.

Artigo 13.- Prohibicións e limitacións.

Artigo 14.- Condicións para a utilización do sistema público de saneamento.

Artigo 15.- Permiso de vertido.

Artigo 16.- Solicitude.

Artigo 17.- Procedemento.

Artigo 18.- Contido do permiso de vertido.

Artigo 19.- Revisión do permiso de vertido.

Artigo 20.- Revogación do permiso de vertido.

Artigo 21.- Dispensa do permiso de vertido.

Artigo 22.- Caducidade do permiso de vertido.

Artigo 23.- Obrigas do titular do permiso de vertido.

Artigo 24.- Censo de vertidos ao sistema.

Artigo 25.- Vertido mediante camións cisterna.


CAPÍTULO IV. INSPECCIÓN E CONTROL



Artigo 26.- Arqueta de rexistro de mostras.

Artigo 27.- Función inspectora.

Artigo 28.- Obxecto e inicio da inspección.

Artigo 29.- Dereitos do persoal inspector.

Artigo 30.- Deberes do persoal inspector.

Artigo 31.- Obrigas dos responsables inspeccionados.

Artigo 32.- Desenvolvemento da actividade inspectora.

Artigo 33.- Documentación das actuacións inspectoras.

Artigo 34.- Toma de mostras.

Artigo 35.- Práctica das análises.



CAPÍTULO V. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS



Artigo 36.- Infraccións.

Artigo 37.- Sancións.

Artigo 38.- Órganos competentes.

Artigo 39.- Procedemento.

Artigo 40.- Medidas cautelares.

Artigo 41.- Valoración de danos.


ANEXO I.- VERTIDOS PROHIBIDOS


ANEXO II.- VERTIDOS LIMITADOS


ANEXO III.- SOLICITUDE DE PERMISO DE VERTIDO AO SISTEMA


ANEXO IV.- CLASIFICACIÓN DE SECTORES INDUSTRIAIS


ANEXO V.- CONTIDO DA ACTA DE INSPECCIÓN E OBRIGAS DA ENTIDADE XESTORA


ANEXO VI: CÁLCULO DO CUSTO A EFECTOS DE SANCIÓNS, DANOS, FIANZAS E SOBRECUSTO. VALORACIÓN ECONÓMICA DOS PARÁMETROS


NORMATIVA APLICABLE


En todo o non previsto expresamente no presente regulamento estarase ao disposto na lexislación aquí sinalada, así como as súas modificacións posteriores.


  • Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.
  • Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.
  • Real decreto 927/1988, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e a planificación hidrolóxica.
  • Orde do 16 de xullo de 1987. Establécense as funcións das empresas colaboradoras dos organismos de conca en materia de control de vertidos de augas residuais.
  • Lei 10/2001, do 5 de xullo, do plan hidrolóxico nacional.
  • Real decreto 1664/1998, do 24 de xullo, polo que se aproba os plans hidrolóxicos de conca.
  • Orde do 13 de agosto de 1999 pola que se dispón a publicación das determinacións de contido normativo do Plan hidrolóxico de conca do Douro, aprobado polo Real ecreto 1664/1998, do 24 de xullo.


Demais lexislación directamente aplicable relacionada coa materia do presente regulamento.


CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS



Artigo 1.- Obxecto


1.1        A presente ordenanza ten por obxecto regular o Servizo público municipal de saneamento de augas residuais, e fundamentalmente as condicións dos vertidos das augas residuais e pluviais ás redes de sumidoiro.


Artigo 2.- Finalidades


2.1.        A ordenanza reguladora de vertidos e uso do sistema público de saneamento en baixa ou sumidoiro dítase para contribuír a acadar as finalidades seguintes:


  1. Regular o uso e o control dos sistemas públicos de saneamento de xeito que se garanta o bo funcionamento das obras e equipos que os constitúen.


  1. Garantir mediante os tratamentos previos axeitados que as augas residuais industriais que se verten aos sistemas cumpran os límites establecidos nesta ordenanza e nos permisos preceptivos.


  1. Garantir que os vertidos das plantas de tratamento cumpren as esixencias establecidas na normativa vixente, para que non comporten efectos nocivos sobre o medio receptor e a saúde das persoas.



Artigo 3.- Instalacións incluídas como sistemas públicos de saneamento


3.1        Para os efectos desta ordenanza, as instalacións de saneamento comprenden as redes de sumidoiro, os colectores e conducións de vertido, así como as estacións depuradoras de augas residuais, calquera que sexa o tipo de tecnoloxía utilizada e cuxo obxectivo sexa recoller, transportar e depurar as augas residuais para devolvelas ao medio receptor nas condicións adecuadas para salvagardar a calidade das augas continentais e/ou mariñas.



Artigo 4.- Ámbito de aplicación


4.1.        Inclúense no ámbito da presente ordenanza todos os vertidos de augas residuais, de calquera orixe, conectados ás instalacións do concello ás que se refire o artigo 3, ou que no futuro sexan conectados.


Alí onde haxa redes de sumidoiro separativas, os titulares conectados deben contar cunha dobre rede de desaugadoiro e de baixantes, e debe evitarse en todo momento a mestura de augas residuais e augas pluviais. Nestes supostos, está totalmente prohibida a conexión de calquera conduto de augas pluviais á rede de augas residuais e viceversa.


4.2.        Non se inclúen na presente ordenanza aqueles produtores de vertidos de augas residuais que conten coa oportuna autorización administrativa para levar a cabo os vertidos directa ou indirectamente no dominio público ou de terra ao litoral, sempre que dita autorización estea actualizada e os seus titulares cumpran coas condicións impostas nela (segundo o indicado no Regulamento de dominio público hidráulico). Noutro caso, a entidade xestora poderá obrigar aos mencionados produtores de vertidos a conectalos ás instalacións públicas de saneamento, sempre e cando cumpran os requisitos recollidos na presente ordenanza.


4.3        Queda prohibido con carácter xeral o vertido directo ou indirecto  de augas e produtos residuais (segundo a definición recollida no Regulamento de dominio público hidráulico) susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, agás que se conte coa autorización previa. Esta autorización corresponde ao organismo de conca tanto no caso de vertidos directos a augas superficiais ou subterráneas como no de vertidos indirectos a augas subterráneas. Cando se trate de vertidos indirectos a augas superficiais, a autorización corresponderá ao órgano autonómico ou local competente.


4.4        Os vertidos indirectos a augas superficiais con especial incidencia para a calidade do medio receptor, serán informados favorablemente (mediante a emisión dun informe preceptivo e vinculante) polo organismo de conca previamente ao outorgamento da preceptiva autorización. As instalacións que xeran vertidos considerados de especial incidencia no medio serán aquelas que posúan un consumo de auga superior a 3.000 m3/ano ou para valores inferiores, aquelas nas que exista unha carga no vertido superior a 200 habitantes equivalentes.


Artigo 5.- Definicións


5.1        Para os efectos desta ordenanza, entendese por:


  1. Sistema público de depuración de augas residuais urbanas: conxunto de bens de dominio público constituído pola estación depuradora de augas residuais, as estacións de bombeo, as conducións de vertido e as redes de colectores xerais asociados.


  1. Redes de colectores xerais: aquelas instalacións que discorren dende os puntos de entronque das redes de sumidoiro, conducindo directamente (por gravidade ou por bombeo) as augas residuais recollidas até a estación depuradora.


  1. Sistema público de saneamento en baixa ou rede de sumidoiros: o conxunto de bens de dominio público constituído polas redes municipais de sumidoiro e as demais instalacións que, de acordo coa vixente normativa en materia de réxime local, son de competencia municipal.


  1. Augas residuais urbanas: as augas residuais domésticas ou a mestura delas coas augas residuais non domésticas e/ou con augas de escorrenta pluvial.


  1. Augas residuais domésticas: as augas residuais procedentes dos usos particulares das vivendas, xeradas principalmente polo metabolismo humano e as actividades domésticas non industriais, agrícolas nin gandeiras.


  1. Augas residuais non domésticas: as augas residuais vertidas dende establecementos nos que se efectúe calquera actividade comercial, industrial, agrícola ou gandeira.


  1. Augas brancas: as augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación de xeito que a súa capacidade potencial de perturbación do medio é nula e que, polo tanto, non deben ser conducidas mediante os sistemas públicos de saneamento. As augas pluviais terán carácter de augas brancas ou de augas residuais urbanas en función do seu percorrido de escorrenta.


  1. Usuarios domésticos: aqueles que verten augas residuais domésticas, na definición da letra e) anterior.
  2. Usuarios non domésticos: aqueles que verten augas residuais non domésticas, na definición da letra f) anterior.

k)Mostra: toda porción de auga que represente o máis exactamente posible o vertido para controlar.


Artigo 6.- Explotación do Servizo de Sumidoiros e Estación Depuradora


6.1        O concello poderá encomendar a unha ou varias entidades a explotación do Servizo de sumidoiro e/ou a estación depuradora. As empresas adxudicatarias dos servizos ás que se contrae este regulamento, denominándose, en adiante, concesionaria do servizo de sumidoiros e/ou concesionario do servizo de depuración.


Artigo 7.- Relativo ás Normas Urbanísticas


7.1        Sen prexuízo do establecido no presente regulamento, a construción de calquera elemento da rede de sumidoiros, acometidas, embornais, etc., axustarase ao disposto pola normativa urbanística e ordenanzas do Concello de Verín, así como ás normas tecnolóxicas da edificación (NTE-ISS).


7.2        Na elaboración de plans que desenvolvan as Normas Urbanísticas, que afecten a zonas onde se localicen actividades industriais, será preciso un estudo técnico sobre a posibilidade de contaminación por vertidos ou infiltracións de augas residuais industriais.


CAPÍTULO II. OBRIGAS E DEREITOS DA ENTIDADE XESTORA E DOS USUARIOS



Artigo 8.- Usuarios suxeitos


8.1        Todas as edificacións, industrias ou explotacións, tanto públicas coma privadas, con independencia do seu uso ou usos compartidos, estarán obrigados a cumprir as disposicións e preceptos da presente ordenanza tanto nas conexións actuais coma nas previstas no futuro.


8.2        Segundo a maior ou menor importancia dos volumes vertidos e a súa carga contaminante, clasifícanse aos usuarios en 2 categorías: domésticos (ou asimilados) e non domésticos.


  1. Domésticos ou asimilados a domésticos:


-Domésticos propiamente ditos: os correspondentes a edificios de vivendas ou vivendas de titularidade pública ou privada que xeran vertidos propios das actividades domésticas.


-Asimilados a domésticos: os correspondentes a edificios ou instalacións comerciais de titularidade pública ou privada: colexios, escolas, hoteis, cines, edificios públicos, restaurantes, bares, etc... que non xeren outro tipo de contaminación distinta da doméstica.


  1. Non domésticos:


-Clase A: usuarios correspondentes a unha actividade, comercio, industria que pola súa actividade non deben, na teoría, dar lugar a vertidos problemáticos que superen os límites de vertidos establecidos nesta ordenanza.


-Clase B: usuarios correspondentes a unha actividade, comercio ou industria que pola súa actividade, poden, na teoría, dar lugar a vertidos problemáticos que de non ser tratados, superarían os límites de vertidos establecidos nesta ordenanza.


8.3        O emprego da rede de sumidoiros públicos para a evacuación de augas residuais será obrigatoria para todos os usuarios domésticos que posúan unha rede de sumidoiros a menos de 100 metros. No caso contrario, deberán estar provistos de sistemas autónomos de saneamento que non supoñan un risco para o medio ambiente. Os sistemas de depuración instalados que xeren vertido directo a dominio público ou vertido indirecto por infiltración no terreo deberán tramitar ante o organismo de conca a correspondente autorización de vertido. Asemade, para poder empregar o dispositivo de depuración instalado deberán obter a licenza de obras e actividades correspondente.


Así e todo, os usuarios adoptarán as medidas ou previsións correspondentes para poder conectar as súas redes á municipal, sendo os gastos á súa costa. Ademais a rede de sumidoiros terá carácter privado até o punto de conexión coa rede de sumidoiros municipal.


Artigo 9.- Obrigas e dereitos dos usuarios


9.1        O abonados que desexen conectarse ao servizo de saneamento de augas solicitarán a acometida correspondente que se realizará a costa do abonado, agás que se prevexan formas de financiamento diferentes, de acordo co concello.


9.2        Os abonados ao servizo de saneamento de augas que, non estando obrigados a conectarse ao servizo de saneamento (condición establecida no artigo 8.3), dispoñan de fosa séptica, aboarán, no caso de existir, a tarifa de saneamento que lles corresponda.


É responsabilidade do abonado, como propietario da fosa séptica, a execución das obras necesarias para o seu correcto funcionamento e o seu mantemento.


Por outra banda, no momento en que os usuarios propietarios dunha fosa séptica poidan acceder á rede de sumidoiros municipais, farán as correspondentes accións para conectarse seguindo a normativa establecida polo concello con respecto ás licenzas e permisos, quedando selada e inutilizada a fosa séptica.


9.3        O usuario terá os seguintes deberes:


a)Satisfacer puntualmente o importe do servizo de saneamento de acordo co previsto neste regulamento e consonte ás tarifas e taxas vixentes, no prazo establecido.


b)Aboar as cantidades que resulten da liquidación que por erro, fraude ou avaría se lles poida imputar.


c)Verter de xeito establecido e para os usos que se dispoñan na súa licenza de vertido.


d)Informar á empresa concesionaria de fugas, avarías, perdas ou calquera incidencia que, por interese propio ou xeral, afecten á rede de saneamento. Dentro destas incidencias inclúense as manipulacións de instalacións que poidan causar contaminación ou perigo para persoas ou bens de calquera tipo.


e)Permitir e facilitar a libre entrada nas instalacións do persoal debidamente acreditado para inspeccionar ou reparar as instalacións.


f)No caso de que se procedese ao precinto de calquera local, instalación ou o seu mecanismo, deberá respectalo.


g)Cumprir as condicións e obrigas que figuren no contrato polo servizo de augas.


h)Comunicar á entidade xestora que corresponda calquera modificación na domiciliación ou titularidade no recibo, modificación na instalación interior (en especial os novos puntos de vertido que resulten significativos polo seu volume) ou calquera outra que implique un troco significativo no desenvolvemento xeral do servizo que presta a entidade xestora.


i)Cando exista unha alteración no volume do caudal de vertido que implique un aumento de máis do 10 % deberá ser notificado ao concello para que se poida estudar a incidencia dese aumento no sistema de saneamento.


k)Prever as instalacións de elevación naqueles casos en que sexa necesario.


l)No momento en que o usuario ou usuarios non cumpran os deberes que se lles esixe, procederase á aplicación do réxime sancionador que se describe no CAPÍTULO V desta ordenanza.


9.4        O usuario do servizo terá os seguintes dereitos:


a)Dispor de condicións técnicas axeitadas para a normal evacuación das augas residuais de acordo coas instalacións existentes.


b)Solicitar á entidade xestora que corresponda as aclaracións, informacións e asesoramento necesarios sobre o servizo.


c)Recibir a facturación polo vertido de acordo coas tarifas vixentes.


d)Subscribir un contrato ou póliza de vertido suxeito ás garantías da normativa establecida.


e)Formular as reclamacións administrativas que considere convenientes.


f)Esixir do concello e da entidade xestora o correcto funcionamento ambiental dos sistemas de depuración.


CAPÍTULO III. EMPREGO DO SISTEMA DE SANEAMENTO EN BAIXA


Artigo 10.- Condicións previas á conexión


10.1        Para a conexión dun usuario á rede de sumidoiros é necesario que a rede se atope en servizo e que o vertido do usuario cumpra as condicións establecidas nesta ordenanza.


Artigo 11.- Requisitos e características básicas da acometida ao sistema


11.1        O concello establecerá os requisitos e características físicas das acometidas ao sistema, respectando o seguinte contido mínimo:


    1. Plano da rede de desaugadoiro do interior do edificio en planta e alzada, a escalas respectivas 1:100 e 1:50, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea.


    1. Descrición das disposicións e dimensións axeitadas para un correcto desaugadoiro, especificando o material, diámetro e pendente lonxitudinal.


    1. Instalación dun sifón xeral en cada edificio para evitar o paso de gases. Entre a acometida da condución e o sifón xeral do edificio disporase dunha tubaxe de ventilación, sen sifón nin peche, á que poderán conducirse as augas pluviais sempre que, respectando a ventilación, os puntos laterais de recollida estean axeitadamente protexidos por sifóns ou reixas antimúridos.


11.2        A sección das conducións, tipo de rexistros e demais características da acometida rexeranse, polo demais, segundo as normas municipais de aplicación vixentes e as disposicións de planificación urbanísticas correspondentes.


As obras de construción e instalación dos colectores e acometidas de saneamento axustaranse nas súas características ás condicións e prescricións técnicas establecidas nas ordenanzas municipais de edificación e ao disposto nas normas subsidiarias aprobadas por cada concello. Non se poderán aplicar outros criterios agás que fosen aprobados polo concello.


11.3        Todo establecemento que verta augas residuais non domésticas deberá localizar, antes da conexión ao sistema e en todas e cada unha das conexións que posúa, unha arqueta de rexistro libre de calquera obstáculo e accesible en todo momento aos servizos técnicos competentes para a obtención de mostras e medición de caudais.


11.4        A devandita arqueta disporá, cando o permiso de vertido así o estableza, dun elemento de aforo cun rexistro totalizador para a determinación exacta do caudal do efluente vertido. Cando os volumes de auga consumida e os volumes de auga vertida sexan aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga de abastecemento poderá utilizarse como aforo do caudal vertido.


11.5        Os establecementos deberán procurar a unificación dos vertidos xerados polos procesos produtivos e, ao mesmo tempo, respectarán as redes separativas de xeito que non poidan verter as augas pluviais na rede interna de augas residuais, e viceversa.


11.6        As obras de acometida ao sistema de saneamento están suxeitas ás prescricións da normativa urbanística que resulte aplicable. O concello deberá emitir un certificado de conexión á rede de sumidoiros tras a supervisión da correcta conexión.


11.7        Todos os gastos derivados das actuacións de conexión ao sistema, así como os da súa conservación e mantemento, serán a cargo do usuario.


11.8        Cando o nivel de desaugadoiro particular non permita a condución á rede de sumidoiros por gravidade, a elevación deberá ser realizada polo propietario do terreo. Neste caso as instalacións interiores de desaugadoiro deberán ser completamente estancas á presión de 1 kg./cm.2.


11.9        A limpeza e reparación dos desaugadoiros particulares levarase a cabo polos seus propietarios.


Artigo 12.- Prohibicións e limitacións


    1. Está prohibido:


    1. O vertido ao sistema de saneamento das substancias relacionadas no Anexo I desta ordenanza.


    1. A dilución para acadar os niveis de emisión que permitan o seu vertido ao sistema, agás nos supostos de emerxencia ou de perigo inminente e, en todo caso, tras a comunicación ao concello.


    1. O vertido ás redes de saneamento de augas brancas (é dicir, augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación de tal xeito que a súa potencial capacidade de perturbación no medio é nula) ao sistema cando poida adoptarse unha solución técnica alternativa por existir no contorno da actividade unha rede separativa ou ben unha canle pública. En caso contrario, deberá obterse a correspondente autorización de vertido.


    1. Os vertidos non domésticos que conteñan substancias das relacionadas no Anexo II desta ordenanza deberán respectar as limitacións alí establecidas, sen que se poida admitir a dilución para acadar os devanditos límites.


Artigo 13.- Condicións para a utilización do sistema público de saneamento


13.1.        Os usuarios cuxa actividade xere augas residuais domésticas quedan suxeitos ao presente regulamento; sen prexuízo da aplicación de calquera normativa superior que sexa directamente aplicable.


13.2.        Quedan obrigados a obter permiso de vertido ao sistema público á rede de sumidoiros os seguintes usuarios:


a) Todos os usuarios non domésticos.


b) Todos os usuarios cuxo vertido sexa superior a 3.000 metros cúbicos anuais, ou ben aqueles cun volume de vertido inferior pero que orixinen contaminación de carácter especial na súa natureza ou na súa cantidade. Para estes efectos, considerarase producida tal contaminación cando esta sexa superior á equivalente a unha poboación de 200 habitantes-equivalentes.


Este tipo de usuarios deberán respectar as prohibicións e limitacións establecidas nos Anexos I e II respectivamente, coas seguintes especificacións:

       

No permiso de vertido outorgado a cada usuario e en función do caudal de vertido xerado, imporanse unhas reducións nos valores dos parámetros do Anexo I.

Así, o límite para cada parámetro de vertido calcularase multiplicando os valores establecidos na ordenanza municipal por un coeficiente reductor (µ) que se calculará do seguinte xeito:



Onde:


DBO5 EDAR = DBO5 de deseño da EDAR para a auga de entrada.

       DBO5 ORD = DBO5 reflectida na ordenanza.

Q = Caudal punta horario xerado polo usuario.

Qm EDAR = Caudal medio de deseño a EDAR

µ = Coeficiente redutor para a totalidade de parámetros da ordenanza.


Os valores 5% e 15% poderanse modificar tras a comunicación e xustificación dos novos valores ante a administración hidráulica se se comprobara na práctica que outros se axustan máis á realidade.


Parámetro de vertido do usuario = µ * Parámetros de ordenanza


No caso de non ser coincidentes os concesionarios dos servizos de sumidoiros e dos servizos de depuración; o concesionario do servizo de sumidoiros deberá pedir informe ao concesionario do servizo de depuración sobre o cumprimento do disposto no presente artigo; dito informe será de realización obrigatoria e deberá facerse no prazo máximo de sete días naturais.


Artigo 14.- Permiso de vertido


14.1        Entenderase por permiso de vertido aquela autorización do concello ou da entidade xestora que ten por finalidade comprobar que a evacuación das augas residuais por medio da rede de sumidoiros municipal ou o vertido directo na estación depuradora acomódase ás normas establecidas e que a composición e características das augas residuais se manteñen dentro dos límites establecidos.


No caso de que a evacuación das augas residuais sexa ao dominio público hidráulico ou ao dominio público marítimo-terrestre, a autorización do vertido corresponderá ao organismo de conca.


14.2.        O permiso de vertido á rede de sumidoiros outórgase polo concello ou entidade xestora aos usuarios indicados no artigo 12.1.


14.3.        O concello poderá modificar as condicións do permiso de vertido cando as circunstancias que motivaron o seu outorgamento foran alteradas ou sobreviñeran outras que, de ter existido con anterioridade, terían xustificada a súa denegación ou o outorgamento en termos distintos, podéndose, no seu caso, decretar a suspensión temporal até que se superen ditas circunstancias.


Neste suposto o usuario será informado con suficiente antelación das posibles modificacións e disporá do tempo axeitado para adaptarse ao seu cumprimento.


14.4.        O outorgamento do devandito permiso faculta aos mencionados usuarios para realizar vertidos de augas residuais ao sistema público de saneamento nas condicións que nel se establezan.


14.5.        O permiso de vertido estará condicionado ao cumprimento das condicións establecidas nesta ordenanza, e outorgarase con carácter indefinido sempre e cando non varíen substancialmente as condicións iniciais de autorización.


14.6.        Non se permitirá ningunha conexión á rede de sumidoiros mentres non se teñan efectuadas as obras ou instalacións especificamente determinadas, así como as modificacións ou acondicionamentos técnicos que, á vista dos datos aportados na solicitude do permiso de vertido, estableza o concello.


14.7.        En todo caso o permiso de vertido non se entende como concedido até que o solicitante obteña expresa autorización.


Artigo 15.- Solicitude


15.1        Antes de efectuar ningún vertido de augas residuais ao sistema, os titulares das actividades indicadas no artigo 12.1 deben solicitar do concello o correspondente permiso de vertido, e a estes efectos aportarán a documentación que se indica no Anexo III desta ordenanza.


15.2        Naqueles casos en que sexa necesaria unha depuración previa á conexión coa rede de saneamento, incluirase a seguinte información:


  1. Que as estimacións efectuadas dos parámetros de vertido á rede son válidas.


  1. Que as instalacións de tratamento e depuración están realizadas e son axeitadas.


No caso de que a instalación estea en funcionamento e dispoña de medicións reais non estimadas, non será preciso este certificado.


Artigo 16.- Procedemento


16.1        O procedemento para a obtención do permiso de vertido no caso de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (IPPC), ou, no seu caso, na normativa de execución que aprobe a Comunidade Autónoma de Galicia, será o establecido nas mencionadas normas.


16.2        Noutro caso, serán de aplicación as normas do procedemento administrativo común.


16.3        En ningún caso é posible a obtención do permiso de vertido por silencio administrativo, que será desestimatorio.


16.4        De acordo cos datos aportados polo solicitante, o concello resolverá no senso de:


  1. Prohibir totalmente o vertido cando as características que presente non poidan ser corrixidas polo oportuno tratamento. Neste caso, os servizos técnicos do concello, mediante os seus recursos propios, asistencias técnicas ou mediante a empresa concesionaria, aprobarán con cargo ao solicitante o método de almacenaxe, transporte e punto de vertido dos residuos proposto pola industria contaminante.


  1. Autorizar o vertido, tras a determinación dos tratamentos mínimos que deberán establecerse con anterioridade á súa saída á rede xeral, así como os dispositivos de control, medida de caudal e mostraxe que deberá instalar a industria á súa costa.


  1. Autorizar o vertido sen máis limitacións que as contidas nesta ordenanza.


16.5        En todo caso a denegación do permiso será motivada e indicará necesariamente as razóns que a determinen, cuxa corrección producirá o seu outorgamento.


Artigo 17.- Contido do permiso de vertido para usuarios non domésticos


17.1        A resolución de outorgamento do permiso de vertido ao sistema público de saneamento que dite o concello incluirá, como mínimo, os seguintes extremos:


  1. Os límites máximos admisibles das características cualitativas do vertido.


  1. Os límites cuantitativos do volume do vertido, indicando o caudal medio e o caudal máximo en metros cúbicos por hora e por día.


  1. A obriga de instalar, no prazo máximo dun mes dende a notificación da resolución, unha arqueta que permita o aforo e a toma de mostras do vertido.


  1. A obriga de controlar os parámetros característicos dos vertidos dos usuarios non domésticos efectuarase seguindo o establecido na seguinte táboa:



Tipo de vertido

Caudal de vertido

(m3/ano)

Clase

Grupo

1

3,4,6

>10.000

1

3,4,6

<10.000

1

0,1,2,5,7

>10.000

1

0,1,2,5,7

<10.000

2

9,12,14

>10.000

Tipo de vertido

Caudal de vertido

(m3/ano)

Clase

Grupo

2

9,12,14

<10.000

2

8,10,11,13

>10.000

2

8,10,11,13

<10.000

3

15,16,17

>10.000

3

15,16,17

<10.000


Inclúese como Anexo IV o detalle da clasificación dos diferentes sectores industriais por clase e grupo.


A efectos de efectuar estes controis deberase dispoñer dun aparello tomamostras en continuo no punto de conexión á rede municipal de sumidoiros.


Como dato de caudal de vertido tomarase o valor do caudal de auga consumido. En caso de existir variacións, o titular do vertido deberá instalar un aparello de medida do caudal de vertido co fin de certificar dita variación.


  1. A obriga de remitir ao concello coas periodicidades indicadas no apartado anterior, as analíticas dos vertidos que se realizan á rede de saneamento.


  1. A obriga de instalar na devandita arqueta un elemento de aforo do caudal de vertido, cando este e o caudal de abastecemento sexan diferentes.


  1. Prazo de duración do permiso.


17.2.        O permiso de vertido ao sistema poderá, ademais, establecer limitacións, condicións e garantías en relación a:


a)Horario de vertido.


b)Definición das instalacións de tratamento previo do vertido que resulten necesarias para acadar as condiciones impostas, e prazo de execución delas.


c)No seu caso, excepcións temporais dos requirimentos do Anexo II, sempre que se aprobe un programa que garanta o seu cumprimento nun prazo non superior a un ano dende a notificación da resolución; ou ben excepcións motivadas pola baixa saturación do sistema, tendentes a aproveitar ao máximo a súa capacidade de depuración, e sempre delimitadas no tempo e na carga.


d)Realización de autocontrois por parte do titular do permiso, nos supostos de vertidos que comporten un risco elevado de impacto sobre o sistema de saneamento. O concello definirá en cada caso particular os vertidos que supoñen un risco elevado en función do caudal de vertido e das súas cargas contaminantes.


e)As demais que estableza o concello.


17.3.        En ningún caso o outorgamento do permiso de vertido pode comprometer a consecución dos obxectivos de calidade do medio receptor do efluente depurado do sistema de saneamento.


17.4.        O contido e as prescricións do permiso de vertido que se outorgue a unha actividade incluída no ámbito da Lei 16/2002 de IPPC, integraranse na resolución que poña fin ao procedemento sinalado na devandita lei.


17.5.        A inspección, vixilancia e control do cumprimento das condicións do permiso de vertido corresponde ao concello, como entidade xestora do sistema.


Artigo 18.- Revisión do permiso de vertido


18.1.        Sen prexuízo do disposto na Lei 16/2002 de IPPC, o permiso de vertido ao sistema deberá revisarse cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume do vertido, cando se alteren substancialmente as circunstancias do momento do seu outorgamento, ou cando sobreveñan outras que xustificarían a súa denegación ou o seu outorgamento en termos diferentes.


18.2.        Todas as autorizacións de vertido á rede de sumidoiros deberán ser revisadas como máximo cada CATRO anos, podendo ser revogadas en caso de incumprimento das súas condicións.


18.3.        En todo caso, procederase á revisión do permiso:


a)Cando a carga contaminante vertida por unha actividade resulte significativa en relación coa carga total tratada polo sistema de depuración e poida dificultar a súa depuración nas condicións axeitadas.


b)Cando o efecto aditivo de vertidos das mesmas características poida dificultar o tratamento do sistema nas devanditas condicións axeitadas.


18.4.        No caso de que a revisión comporte a modificación das condicións do vertido ao sistema, o concello poderá conceder ao titular do permiso un prazo de adaptación que non excederá dun ano que se contará dende a aprobación da revisión.


18.5.        En ningún caso a revisión do permiso de vertido comporta para o seu titular o dereito a ningunha indemnización.


Artigo 19.- Revogación do permiso de vertido


19.1        O permiso de vertido ao sistema poderá ser revogado nos seguintes supostos:


       a)Como consecuencia da revogación da autorización ou licenza que permita o                desenvolvemento da actividade que causa o vertido.


       b)Por incumprimento dos requirimentos efectuados para adecuar o vertido ás                condicións establecidas no permiso.


       c)Como medida anudada a unha sanción.


Artigo 20.- Caducidade do permiso de vertido


20.1.        O concello poderá declarar a caducidade do permiso de vertido nos seguintes casos:


  1. Cando cesara nos vertidos por un tempo superior a un ano.


  1. Cando caducara, anulara ou se revogara a licenza municipal para o exercicio da actividade comercial ou industrial que xeraba as augas residuais.


Artigo 21.- Obrigas do titular do permiso de vertido


21.1.        O titular do permiso de vertido debe cumprir as obrigas seguintes:


    1. As recollidas expresamente na autorización de vertido outorgada polo concello.


    1. Comunicar de xeito inmediato ao concello, ou no seu caso á compañía explotadora do sistema, calquera avaría do proceso produtivo ou das súas instalacións de pretratamento que poida afectar negativamente á calidade do vertido ao sistema.


    1. Comunicar de xeito inmediato ao concello calquera circunstancia futura que implique unha variación das características cualitativas e/ou cuantitativas do vertido, aos efectos de proceder, no seu caso, á revisión do permiso.


    1. Adaptar a súa actividade e as súas instalacións ás medidas e actuacións que resulten do plan de emerxencia e seguridade do sistema, unha vez sexa aprobado polo concello.


21.2.        Cando se produza unha descarga ao sistema debida a caso fortuíto, o titular do permiso de vertido está obrigado a:


  1. Comunicar a descarga ao concello, ou no seu caso á compañía explotadora do sistema, especificando a identificación e localización da actividade, hora e causa da descarga, caudal e materias vertidas, e as medidas adoptadas.


  1. Adoptar as medidas necesarias para minimizar os efectos negativos e os danos que poidan ocasionarse ao sistema.


Artigo 22.- Censo de vertidos ao sistema


22.1.        O concello levará un censo de vertidos de augas non domésticas ao sistema no que inscribirá os vertidos sometidos a permiso, e no que constarán, como mínimo, os seguintes extremos:


       a)Nome, enderezo, CNAE e NIF do titular do permiso.


       b)Datos básicos do caudal de auga de abastecemento e de vertido.


       c)Condicións básicas do permiso.


       d)Situación administrativa do permiso.


       e)Informe analítico (efectuado cunha periodicidade mínima anual) das características do vertido conectado.


22.2.        O censo de vertidos estará a disposición da administración hidráulica de Galicia e da administración hidráulica do Estado.


22.3.        Tomando como base o mencionado censo, así como os resultados das comprobacións efectuadas na rede, o concello cuantificará periodicamente as diversas clases de vertidos, a fin de actualizar as limitacións das descargas e as conseguintes autorizacións, así como tamén dispor as actuacións preventivas, reparadoras e/ou correctoras que sexan necesarias.


Artigo 23.- Vertido mediante camións cisterna


23.1.        Para efectuar vertidos ás instalacións de saneamento mediante vehículos cisterna será necesario que o vertido se realice nas arquetas previas á EDAR destinadas para iso, sen prexuízo dos permisos ou autorizacións esixibles de conformidade coa lexislación aplicable en materia de residuos, o posuidor do vertido obterá un permiso especial outorgado polo concello, quedando terminantemente prohibido o vertido á rede de saneamento e pozos de bombeo.


23.2.        Os vertidos mediante camións cisterna deberán respectar as prohibicións e limitacións establecidas nos Anexos I e II desta ordenanza.


23.3.        Exceptúanse das obrigas do apartado anterior os vertidos procedentes de fosas sépticas ou das limpezas dos sistemas públicos de saneamento, no referente aos parámetros DQO, DBO5, sólidos en suspensión, aceites e graxas, así como as diferentes formas de nitróxeno e fósforo contempladas no Anexo II desta ordenanza; así como os vertidos mediante camións cisterna aos que poida resultar de aplicación o disposto no artigo 18.2.c) in fine desta ordenanza.


23.4.        En todo caso, a incorporación dos vertidos aportados por camións-cisterna pautarase de acordo coas indicacións ao respecto do responsable da estación depuradora, coa finalidade de evitar calquera alteración do proceso.


23.5.        En ningún caso se poderán descargar camións-cisterna en estacións depuradoras que se atopen saturadas en canto á carga contaminante para tratar ou en instalacións depuradoras nas que soamente conste de pretratamentos ou tratamentos primarios.


23.6.        Todos os vertidos de camións-cisterna deberán figurar nun rexistro a cargo do concello, ou no seu caso da compañía explotadora do sistema, no que constarán, polo menos, a identidade do transportista, a identificación como transportista autorizado, o volume descargado e a súa procedencia.


CAPÍTULO IV. INSPECCIÓN E CONTROL


Artigo 24.- Arqueta de rexistro de mostras


24.1.        Será obrigatoria a existencia de saneamento independente para cada actividade até conectar coa rede municipal de sumidoiros. Manterase nesta división a unidade parcelaria e nas edificacións apegadas nunha mesma parcela deberán establecerse saneamentos independentes para cada unha das unidades edificatorias.


24.2.        Independentemente da existencia de arquetas comúns, todas as actividades que vertan á rede municipal de sumidoiros, disporán dunha arqueta única ou rexistro individual para o vertido de augas residuais, que recolla todas aquelas que proveñan da actividade. Esta arqueta deberá situarse fóra da parcela ou na vía pública, augas abaixo do derradeiro vertido (de xeito que non se poidan alterar as características finais do efluente), nun lugar accesible dende o exterior para os servizos de inspección, libre de todo obstáculo e atoparase en axeitado estado de limpeza para a súa función. Estas arquetas definirán o punto de deslinde entre as redes interiores particulares e a rede municipal de sumidoiros.


As súas dimensións e características deberán ser tales que permitan aos servizos técnicos municipais tanto a recollida de mostras como a determinación do caudal de vertido. Cada concello establecerá unha arqueta tipo para o control individual tal que os usuarios deberanse axustar, en todo caso o seu deseño será aprobado polo concello.


Os gastos da instalación de desaugadoiro interior até a arqueta de rexistro incidirán no propietario. Se non existise a arqueta de rexistro, os custos correrán a cargo do propietario, sen que este adquira sobre ela ningún dereito, agás do de vertido.


24.3.        As actividades en funcionamento disporán de SEIS meses para a instalación desta arqueta de toma de mostras nas condicións establecidas nesta ordenanza. Este prazo aumentará a UN ano para as actividades que precisen realizar obras para independizar redes de saneamento común a varias actividades, ou que precisen realizar obras para unificar os vertidos dunha soa actividade nunha única arqueta.


24.4.        Estas arquetas de control estarán precintadas, sendo facultade do concello, ou á súa instancia, a empresa concesionaria do servizo de sumidoiros, o seu desprecintado.


24.5.        A empresa concesionaria poderá instalar equipos de medida en continuo nesas arquetas.


24.6.        En función dos parámetros de vertido da industria ou cando as condicións do desaugadoiro o fagan aconsellable, en substitución da arqueta de rexistro, a entidade concesionaria poderá autorizar a construción dunha arqueta conxunta sifónica-toma de mostras, debendo esta responder ao deseño establecido pola propia concesionaria.


Artigo 25.- Función inspectora


25.1.        A función inspectora corresponde ao concello, como entidade xestora, respecto das instalacións ao seu cargo, e exércea:


  1. Directamente, a través dos seus propios órganos que teñan atribuídas as funcións inspectoras.


  1. Por medio de entidades colaboradoras contratadas ao efecto ou debidamente acreditadas.


25.2.        A fin de poder realizar o seu cometido, en orde á conservación, medida, toma de mostras, exame de vertidos e cumprimento do establecido nesta ordenanza, os servizos de inspección terán libre acceso aos locais onde se produzan os vertidos aos sumidoiros. Tamén poderá penetrar naquelas propiedades privadas sobre as que o concello manteña algunha servidume de paso de augas.


25.3.        O concello, no uso das súas facultades, poderá efectuar tantas inspeccións como estime oportunas para verificar as condicións e características dos vertidos á rede de sumidoiros municipal, recollendo apoio externo ou da empresa concesionaria do mantemento da rede para os labores técnicos ou materiais.


Artigo 26.- Obxecto e inicio da inspección


26.1.        Poden ser obxecto de inspección as actividades ou instalacións cuxos vertidos poidan afectar ao sistema de depuración de augas residuais ou ao sistema de saneamento en baixa.


26.2.        A actuación inspectora pode iniciarse por diferentes vías:


  1. De xeito previo ao outorgamento dunha autorización, licenza ou permiso.


  1. De oficio, ben sexa por iniciativa do órgano competente ou por orde superior.


  1. Por propia iniciativa do persoal inspector, cando aprecie un posible incumprimento das normas reguladoras dos vertidos.


  1. Segundo estea reflectido na autorización, licenza ou permiso, sendo a periodicidade a que alí se manifeste.


  1. A petición do interesado.


  1. En virtude de denuncia.


26.3.        A inspección e vixilancia acadará ás instalacións das actividades que poidan afectar á calidade do vertido, e en especial ás arquetas de rexistro, ás conducións de saneamento, aos procesos produtores de vertidos e ás plantas de pretratamento ou depuración de augas.


Artigo 27.- Dereitos do persoal inspector


27.1.        No exercicio da súa función, o persoal inspector poderá:


a)Acceder ás instalacións que xeren vertidos de augas residuais ou que poidan supoñer un risco de afección ás infraestruturas públicas, incluíndo o acceso á propiedade privada, sempre que non constitúa domicilio das persoas.


b)Efectuar notificacións e realizar requirimentos de información e documentación ou de actuacións concretas para a adecuación e mellora dos vertidos de augas residuais.


c)Proceder á toma de mostras de augas residuais e, no seu caso, de augas de proceso.


d)Proceder á toma de fotografías ou outro tipo de imaxes gráficas, sen prexuízo do disposto na vixente normativa sobre segredo industrial.


e)Levar a cabo calquera outra actuación tendente á pescuda da orixe dos vertidos, o seu grao de contaminación e a súa afección sobre os sistemas de saneamento.


Artigo 28.- Deberes do persoal inspector


28.1.        O persoal inspector está obrigado en todo momento a:


       a)Observar o respecto e consideración debidos ás persoas interesadas, tras a                identificación e acreditación da súa personalidade mediante a documentación                expedida pola entidade competente para a función inspectora.


       b)Informar aos interesados, cando así sexan requiridos, dos seus dereitos e deberes        en relación cos feitos obxecto da inspección, así como das normas que deben                cumprir os titulares dos vertidos.


       c)Obter toda a información necesaria respecto dos feitos obxecto de inspección e                dos seus responsables, accedendo, se é necesario, aos rexistros públicos existentes.


       d)Gardar sixilo profesional e observar segredo respecto dos asuntos que coñeza por        razón do seu cargo e actividade pública.


Artigo 29.- Obrigas dos responsables inspeccionados


29.1        Os titulares das actividades deberán facilitar a práctica da inspección, e a tal fin, estarán obrigados ás seguintes actuacións:


       a)Facilitar o acceso do persoal inspector ás distintas instalacións relacionadas co vertido así como a montaxe do equipo e instrumental de control, sen necesidade de comunicación previa.


       b)Facilitar a montaxe do equipo ou instrumentos que se precisen, para realizar as medidas determinantes, ensaios e comprobacións necesarias.


       c)Permitir o emprego de cantos instrumentos utilice a empresa coa finalidade de autocontrol, especialmente aqueles destinados á medida de caudais, toma de mostras e análises correspondentes.


       d)Pór á disposición do persoal inspector os datos, partes de traballo, análises, libro de rexistro e canta información requiran en relación coa inspección.


29.2.        Os mesmos titulares remitirán ao concello un informe periódico no que se sinale a definición de carga contaminante que verten e incluirán os caudais de vertido, a concentración de contaminante e demais elementos necesarios para a súa definición.


A periodicidade do informe será establecida en cada caso pola Alcaldía en atención aos resultados das inspeccións practicadas polo concello e dos niveis de carga contaminante que se comproben, así como do caudal vertido.


Artigo 30.- Desenvolvemento da actividade inspectora


30.1.        Cando o inspector se persoe no lugar no que radiquen as instalacións a inspeccionar porá en coñecemento do seu titular o obxecto das actuacións, logo da identificación mediante exhibición do documento que o acredite para o exercicio das súas funcións inspectoras, no que constarán o concello ao que está adscrito, o seu nome e apelidos e o número do documento nacional de identidade.


30.2.        As actuacións inspectoras realizaranse en presenza do titular das instalacións. No caso de persoas xurídicas, considerarase o seu representante quen legalmente ostente dita condición. No caso de ausencia do titular ou representante, as actuacións entenderanse con calquera persoa presente nas instalacións, facendo constar a súa vinculación con elas. Non será obstáculo para a realización das actuacións a negativa ou imposibilidade do titular ou representante de estar presente durante a súa práctica, sempre que así se faga constar nas actuacións que documenten a inspección.


30.3.        A actividade inspectora consistirá, entre outras, nas seguintes funcións:


       a)Comprobación do estado da instalación e do funcionamento dos instrumentos que para o control dos efluentes teña establecido na licenza ou autorización de vertido.


       b)Mostraxe dos vertidos, en calquera punto das instalacións que os orixinan. É dicir, mostraxe tanto do vertido global (na arqueta de rexistro) coma de vertidos elementais que compoñen aquel no caso de que existan varios efluentes (nas distintas arquetas pertencentes ás diferentes actividades que existan).


       c)Medida dos caudais vertidos (tanto o global coma os individuais) e parámetros de calidade “in situ”.


       d)Medida de volumes de entrada no proceso.


       e)Comprobación do cumprimento de caudais e balance de auga (tendo en conta as captacións ou recursos propios de cada usuario) e parámetros segundo consta na correspondente licenza ou autorización de vertido.


       f)Comprobación do cumprimento das restantes obrigas, en materia de vertido, contempladas nesta ordenanza.


       g)Calquera outra que resulte necesaria para o correcto desenvolvemento do labor inspector.


30.4.        No caso de obstaculización das actividades inspectoras, o inspector farao constar así na acta de inspección que se levante ao efecto e poderá proceder á toma de mostras de augas residuais dende o exterior do recinto das instalacións.


Artigo 31.- Documentación das actuacións inspectoras.


31.1.        As actuacións inspectoras documentaranse nunha acta de inspección (elaborada por duplicado), na que constarán como mínimo os datos indicados no anexo IV da presente ordenanza, e na que tanto o inspector como o interesado poderán facer constar as observacións que consideren oportunas. Nesta acta asinarán o inspector e a persoa responsable da actividade nese momento. Ademais, a inspección farase constar no libro de rexistro de visitas, que será facilitado polo concello e a persoa titular da actividade deberá gardalo e poñelo a disposición do persoal inspector competente cando así llo soliciten en cada visita.


31.2.        No caso de que o comparecente se negase a asinar a acta ou a recibir a mostra contraditoria, o inspector farao constar así, autorizando a acta coa súa sinatura e entregando unha copia ao interesado, deixando igualmente constancia no caso de que este se negara a recibila. Asemade, o inspector entregará ao titular do vertido unha copia da acta finalmente elaborada e asinada.


31.3.        Os feitos constatados nas actas terán valor probatorio, cos efectos previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo.


31.4.        No caso de que o levantamento ou sinatura da acta se produzan sen a presenza do titular ou representante do establecemento produtor do vertido, notificaráselle o documento ao titular do vertido aos efectos de que poidan presentar cantas alegacións e probas consideren convenientes no prazo de dez días.


Artigo 32.- Toma de mostras.


32.1.        A toma de mostras de augas residuais levarase a cabo en calquera momento e sen aviso previo, de acordo co seguinte procedemento e atendendo a todos os aspectos que poidan influír na representatividade da mostra.


       a)Punto de toma de mostras. A mostra tomarase na arqueta de rexistro, se existe, ou no seu defecto no último punto accesible de saída das augas residuais das instalacións de produción ou tratamento, previo á incorporación ás redes de saneamento e a calquera dilución que poida existir.


       b)Preparación da mostra. Para a obtención da mostra tomarase nun recipiente unha cantidade de efluente suficiente para poder dividila en tres submostras (mostra inicial, mostra xemelga e mostra dirimente) en senllos recipientes de material axeitado ás determinacións analíticas que se vaian realizar. Os recipientes enxaugaranse previamente co mesmo efluente obxecto da mostraxe.


       c)As tres alícuotas así obtidas precintaranse e identificaranse, quedando dúas en poder do inspector, a primeira para efectuar as determinacións analíticas e a segunda para a práctica dunha eventual análise dirimente. A terceira alícuota ofrecerase ao interesado, para os efectos de que poida proceder, se o estima oportuno, á práctica da análise contraditoria.


       d)Poderá prescindirse da toma de mostras para determinar as súas características contaminantes cando se trate de vertidos de natureza inequivocamente doméstica ou gandeira que non dispoñan de tratamento e o persoal inspector así o faga constar expresamente na acta, indicando, no caso de vertidos gandeiros, a especie animal á que pertencen.


Artigo 33.- Práctica das análises.


33.1.        Os métodos analíticos que se empregarán para a análise das augas residuais urbanas e industriais aos efectos desta ordenanza, serán os identificados no Standard Methods ou nas correspondentes normas UNE-EN-ISO.


33.2.        Para a práctica da análise inicial e da contraditoria deberá entregarse ao laboratorio de que se trate a mostra correspondente, debidamente conservada a temperatura non superior a 6 graos centígrados, no prazo máximo de corenta e oito (48 horas) dende a toma de mostras, aos efectos de iniciar o procedemento de análise nese prazo.


33.3.        As determinacións analíticas da mostra inicial e da contraditoria levaranse a cabo en laboratorios acreditados por ENAC baixo o marco da norma UNE-EN-ISO 17025.


33.4.        O laboratorio ao que se encargara a práctica da análise inicial deberá entregar os resultados ao concello, procedendo este a comunicalos ao interesado antes de trinta días contados dende a data da inspección.


33.5.        A folla de resultados analíticos, tanto na análise inicial como na contraditoria, expresará en todo caso a data de recepción da mostra, de inicio e de remate da análise, así como os métodos analíticos empregados. No seu caso, farase constar igualmente o estado de conservación da mostra á súa chegada ao laboratorio.


33.6.        A práctica da análise dirimente, a solicitude de calquera das partes, levarase a cabo nun laboratorio independente designado polo concello para a realización deste ensaio. A entidade xestora comunicará ao interesado con antelación suficiente o lugar, data e hora onde se levará a cabo a análise dirimente, aos efectos de que o titular do vertido poida estar presente nas operacións, asistido, se o estima oportuno, de persoal técnico. En ningún caso se tomará en consideración a petición dunha análise dirimente transcorridos dous meses dende a data da toma de mostras.


33.7.        Os gastos xerados pola práctica da análise contraditoria correrán sempre a cargo do interesado.


CAPÍTULO V. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS


Artigo 34.- Infraccións


    1. 34.1. O concello terá a capacidade de impoñer aos titulares conectados ás redes de saneamento as correspondentes sancións derivadas de infraccións cometidas por estes.


34.2.        Terán a consideración de infraccións as accións e omisións que contraveñan o establecido na lei e na presente ordenanza.


34.3.        As accións ou omisións que provocasen, directa ou indirectamente, afección á calidade das augas no dominio público hidráulico ou no dominio público marítimo-terrestre, serán constitutivas das infraccións que ao efecto prevé a vixente lexislación en materia de augas e costas e serán sancionados polos órganos administrativos que teñan atribuídas as competencias.


34.4.        As infraccións clasificaranse en tres grupos para proceder ao correspondente réxime sancionador. Deste xeito, as infraccións disporanse en: leves, graves e moi graves.


34.5.        Considéranse infraccións de carácter leve:


       a)O vertido ao sistema de depuración ou de saneamento de augas residuais de natureza doméstica sen contar coa autorización correspondente, cando esta sexa necesaria, ou sen respectar as características das acometidas.


       b)A construción e modificación de sumidoiros, acometidas ou conexións á rede, ou instalacións anexas a esta, aínda sendo de propiedade particular, sen ter a licenza municipal de conexión aos sumidoiros, ou sen se axustar ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións desta ordenanza.


       c)O incumprimento das condicións establecidas no permiso de vertido, sempre que non se causen danos ao sistema público de depuración ou de saneamento, ou ben cando estes danos non superen os 3.005,06 euros.


       d)As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración ou de saneamento inferiores a 3.005,06 euros.


       e)A non execución das arquetas de control descritas no presente documento necesarias para a inspección por parte da administración ou da entidade xestora. No caso de existir a arqueta, o seu desprecintado por persoal alleo ao concello ou á administración hidráulica.


       f)A desobediencia aos requirimentos do concello en relación coa adecuación de vertidos ou instalacións ás condicións regulamentarias, e tamén en relación coa remisión de datos e informacións sobre as características do efluente ou as instalacións de tratamento.


       g)O incumprimento de calquera prohibición establecida na presente ordenanza ou a omisión dos actos a que obriga, sempre que non estean considerados como infraccións graves ou moi graves.


34.6.        Considéranse infraccións graves:


       a)A obstrución ao labor inspector do concello no acceso ás instalacións ou a negativa        a facilitar a información requirida.


       b)O vertido ao sistema de depuración ou de saneamento de augas residuais de                natureza distinta á doméstica sen contar co permiso correspondente.


       c)A realización de vertidos das substancias prohibidas relacionadas no anexo I desta        ordenanza.


       d)O incumprimento das condicións establecidas no permiso de vertido, sempre que        se causen danos ao sistema público de depuración ou de saneamento superiores a        3.005,06 euros e ata 15.025,30 euros.


       e)As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o        funcionamento do sistema público de depuración ou de saneamento superiores a                3.005,06 euros e até 15.025,30 euros, xa sexan causadas maliciosamente ou por                neglixencia.


       f)A evacuación de vertidos sen tratamento previo, cando estes o requiran ou sen                respectar as limitacións especificadas nesta ordenanza.


       g)A ocultación ou falsificación de datos esixidos na solicitude de vertidos e                        determinantes para o outorgamento do permiso de vertido.


       h)A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións leves no período dun ano.


       i)A falta de comunicación das situacións de emerxencia ou perigo, ou o                        incumprimento das ordes da administración derivadas de situacións de perigo ou                emerxencia.


       k)A non existencia das instalacións e equipos necesarios para a realización dos                controis requiridos ou mantelos en condicións non operativas.


       l)A resistencia ou demora na instalación de elementos correctores que fosen esixidos        para o cumprimento da presente ordenanza.


       m)A posta en funcionamento de instalacións ou aparellos prohibidos ou clausurados.


       n)A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións non autorizadas, o        diferentes        ás aprobadas para o permiso de vertido, así como o desprecintado ou anulación dos        que fosen colocados polo concello.


34.7.        Considéranse infraccións moi graves:


       a)Calquera conduta indicada no apartado 2 da que se deriven danos ou perdas para        o sistema de depuración ou de saneamento superiores a 15.025,30 euros.


       b)As infraccións cualificadas como graves no apartado 2 que por cantidade ou                calidade do vertido deriven a existencia dun risco moi grave para a saúde das                persoas, os recursos naturais ou o medio ambiente.


       c)A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións graves no período dun ano.


       d)O incumprimento das ordes de suspensión de vertidos non permitidos.


       e)A evacuación de vertidos prohibidos nesta ordenanza ou en condicións diferentes        ás permitidas sen autorización administrativa expresa.


Artigo 35.- Sancións


35.1.        A imposición de sancións e a esixencia de responsabilidades con arranxo a esta ordenanza realizarase mediante a instrución do correspondente expediente sancionador e segundo os artigos 280.2, 287 e 289 da Lei 5/1997, de administración local de Galicia, e en relación co previsto no artigo 116.3 a) do texto refundido da Lei de augas, aprobado polo R.D-lexis. 1/2001 do 20 de xullo, que derroga a LA 1985.


35.2.        As infraccións poderán dar lugar á imposición das seguintes sancións:


       a)Multa.


       b)Suspensión temporal do permiso de actividade.


       c)Suspensión definitiva, total ou parcial do permiso de actividade.


35.3.        As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas coas seguintes multas:


       a)Infraccións leves: multa de até 6.010,12 euros.


       b)Infraccións graves: multa entre 6.010,13 e 30.050,61 euros.


       c)Infraccións moi graves: multa entre 30.050,62 e 150.253,02 euros.


O cálculo do custo das sancións, danos, fianzas e sobrecusto efectuarase segundo o establecido no Anexo V.


35.4.        As sanciones graduaranse en función da reincidencia do infractor, da súa intencionalidade, do beneficio obtido, da afección producida ao sistema de depuración ou de saneamento, ou á calidade do medio receptor e prexuízo ocasionado de interese xeral. En todo caso, para a graduación das sancións terase en conta ademais dos criterios relacionados, o principio de proporcionalidade consagrado no art. 131.2 LRX-PAC.                                                            


35.5.        Serán responsables as persoas físicas ou xurídicas que realicen os actos ou incumpran os deberes que constitúan a infracción, e nos casos de establecementos industriais ou comerciais, os seus titulares.


35.6.        Para a gradación das multas para impoñer dentro dos límites mencionados teranse en conta os seguintes criterios, asegurándose a adecuación necesaria entre a gravidade do feito constitutivo da infracción e a sanción aplicada:


       a)A existencia de intencionalidade ou reiteración.


       b)A gravidade do feito constitutivo da infracción, considerando os danos e perdas producidos.


       c)O risco obxectivo causado aos bens ou ás persoas.


       d)A relevancia externa da conduta infractora.


       e)A reincidencia, por ter cometido no prazo dun ano máis dunha infracción da mesma natureza, sempre que se teña declarado así por resolución firme.


Artigo 36.- Órganos competentes


36.1        O alcalde do concello é a persoa competente para sancionar as infraccións leves e graves, sendo competencia do Pleno a sanción das infraccións moi graves.


36.2.        En todo caso, corresponde a incoación dos expedientes ao alcalde ou, no seu caso e tras a delegación, ao concelleiro competente na materia.


36.3.        Así e todo, o concello con independencia das actuacións contempladas neste artigo podería instar a outros organismos competentes, a incoación de expedientes ao abeiro da lexislación vixente.


36.4.        No ámbito da administración hidráulica de Galicia, a competencia será a que establece a Lei 8/1993, do 23 de xuño.


36.5.        As administracións locais remitirán ao organismo de conca ou, no seu caso, ao organismo de conca competente por razón de territorio, copia das resolucións que recaian nos expedientes sancionadores que tramitaran.


36.6.        No caso de que os feitos advertidos puidesen dar lugar ás infraccións previstas no artigo 26 desta ordenanza, os concellos absteranse de incoar ningún procedemento, remitindo ao organismo de conca coa maior brevidade.


Artigo 37.- Procedemento


37.1.        O procedemento para a tramitación dos expedientes será o previsto na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.


37.2.        Serán sancionadas pola comisión de infraccións as persoas físicas e xurídicas que resulten responsables delas aínda a título de mera inobservancia.


37.3.        Con independencia da sanción que se lles impoña, os infractores serán obrigados a reparar o dano causado, podendo o concello, se procede, exercitar as facultades de execución subsidiaria previstas na lei.


37.4.        Os prazos de prescrición das infraccións e das sancións serán os previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.


37.5.        O prazo para a resolución dos expedientes sancionadores será dun ano, que se contará dende a súa incoación.


37.6.        Para a execución de determinados actos, poderán impoñerse multas coercitivas, nos termos previstos na LRX-PAC.


Artigo 38.- Medidas cautelares


38.1.        Sen prexuízo da sanción que en cada caso proceda, o infractor deberá reparar o dano causado. A reparación terá como obxecto a restauración dos bens alterados á situación anterior á infracción.


38.2.        Cando o dano producido afecte ás infraestruturas de saneamento, a reparación será realizada polo concello con cargo ao infractor. Entenderanse por infraestruturas de saneamento as definidas no artigo 3 desta ordenanza.


38.3.        Se o infractor non procedese a reparar o dano causado no prazo sinalado no expediente sancionador, o concello poderá proceder á imposición de multas coercitivas sucesivas.


38.4.        O órgano competente para incoar os expedientes poderá adoptar as medidas seguintes


       a)Ordenar a suspensión provisional dos traballos de execución de obras ou instalacións que contradigan as disposicións desta ordenanza ou sexan indebidamente realizados.


       b)Requirir ao usuario para que, no prazo que se lle indique, introduza as medidas técnicas necesarias que garantan o cumprimento das prescricións desta ordenanza.


       c)Ordenar ao usuario que, no prazo que se lle fixe, introduza nas obras ou instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso de vertido ou ás disposicións desta ordenanza.


       d)Ordenar ao usuario que, no prazo que se lle indique, proceda á reparación e reposición das obras e instalacións ao seu estado anterior e á demolición do que fora indebidamente construído ou instalado.


       e)Impedir os usos indebidos das instalacións para o que non se teña obtido permiso, ou cando non se axusten ao seu contido ou ás disposicións desta ordenanza.


       f)Ordenar a clausura ou precintado das instalacións de vertido en caso de que non sexa posible tecnicamente ou economicamente evitar o dano mediante as oportunas medidas correctoras.


38.5.        As medidas relacionadas no apartado anterior poden ser adoptadas, con carácter de cautelares e a reserva da resolución definitiva que se adopte no expediente, simultaneamente á incoación do procedemento sancionador, ou ben en calquera momento da súa instrución, e poden manterse de xeito continuado.


Artigo 39.- Valoración de danos


39.1.        Cando os bens alterados non se poidan restablecer ao seu estado anterior, o infractor deberá indemnizar os danos e perdas ocasionados. A valoración destes bens farase a cargo do concello.


39.2.        A valoración dos danos ás obras hidráulicas aos efectos da aplicación do réxime sancionador a que se refire o presente capítulo determinarase en función dos gastos de explotación e, no seu caso, de reposición daquelas.


39.3.        O danos ás obras hidráulicas que conforman os sistemas de depuración e de saneamento calcularanse en euros/día, como resultado da ponderación do custo diario de explotación das instalacións públicas afectadas en relación co caudal e carga contaminante do vertido de que se trate.


39.4.        Os servizos competentes do concello determinarán, de acordo cos orzamentos aprobados ao efecto e as correspondentes certificacións, os gastos de explotación repercutibles ao responsable do vertido de que se trate.


39.5.        A valoración de danos que servirá de base para a cualificación da infracción, para a cuantificación da sanción e, no seu caso, da indemnización que deba impoñerse, resultará do cálculo a que se refire o apartado segundo multiplicado polo número de días que se considere que o vertido se mantivo en situación irregular.


39.6.        Aos efectos do disposto no apartado anterior, computaranse os gastos correspondentes a todo o período no que a instalación pública de saneamento ou de depuración de augas residuais quedara afectada polo vertido irregular, aínda que este fora de carácter puntual. En calquera caso, considerarase que o vertido irregular mantense durante, cando menos, un día.


39.7.        Nos supostos de vertidos que non dispoñan de tratamento e que deriven dunha actividade non ocasional, presumirase, agás proba en contra, que a calidade deles se mantén indefinidamente.


39.8.        Así mesmo presumirase o mantemento da calidade do vertido durante o período que medie entre dous ou máis tomas de mostras consecutivas cuxos resultados amosen incumprimentos da normativa vixente ou dos límites impostos no correspondente permiso.


ANEXO I.- VERTIDOS PROHIBIDOS


Substancias prohibidas:


a)Materias sólidas ou viscosas en cantidades ou tamaños tales que, por se soas ou por integración con outras, produzan obstrucións ou sedimentos que impidan o correcto funcionamento do sistema ou dificulten os traballos da súa conservación ou mantemento. Inclúense os seguintes: graxas, tripas, tecidos animais, estercos, osos, pelos, peles, carnazas, entrañas, sangue, plumas, cinzas, escouras, areas, cal apagada, residuos de formigóns, caleas de cemento, aglomerantes hidráulicos, fragmentos de pedras, mármore, metais, vidro, palla, labras, recortes de céspede, trapos, lúpulos, sobrantes de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, así como residuos e produtos alcatranados procedentes de operacións de refino e destilación, residuos asfálticos e de procesos de combustión, aceites lubricantes usados (minerais ou sintéticos), incluíndo auga-aceite, emulsións, axentes espumantes, e, en xeral, todos aqueles sólidos de calquera procedencia con tamaño superior a 1,5 centímetros en calquera das súas tres dimensións.


b)Materiais colorantes: entenderase por materiais colorantes aqueles sólidos, líquidos ou gases tales como: tintas, vernices, lacas, pinturas, pigmentos, e demais produtos afíns, que incorporados ás augas residuais coloréanas de tal xeito que non se poden eliminar con ningún dos procedementos de tratamento usuais empregados na estación depuradora.


c)Mesturas explosivas: enténdense como tales, aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que por razón da súa natureza ou cantidade sexan ou poidan ser suficientes por se mesmos ou en presenza doutras substancias, de provocar ignicións ou explosións. En ningún momento, medicións sucesivas efectuadas con un explosímetro no punto de descarga do vertido á rede xeral, deberán indicar valores superiores ao 5% do límite inferior de explosividade, así como unha medida realizada de forma illada non deberá superar nun 10% o citado límite. Prohíbense expresamente: os gases procedentes de motores de explosión, petróleo e produtos intermedios de destilación, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, tricloroetileno, aldehidos, cetonas, peróxidos, cloratos, percloratos, bromuros, carburos, hidruros, nitruros, sulfuros, disolventes orgánicos inmiscibles en auga e aceites volátiles.


d)Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.


e)Aceites e graxas flotantes.


f)Substancias sólidas potencialmente perigosas.


g)Materias que, por razón da súa natureza, propiedades ou cantidades, por se mesmas ou por integración con outras poidan orixinar:


1.Calquera tipo de molestia pública.


2.A formación de mesturas inflamables ou explosivas co aire.

       

3.A creación de atmosferas molestas, insalubres, tóxicas ou perigosas que impidan ou dificulten o traballo do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamento do sistema.


h)Materias que, por se mesmas ou a consecuencia de procesos ou reaccións que teñan lugar dentro da rede, teñan ou adquiran calquera propiedade corrosiva capaz de danar ou deteriorar os materiais do sistema reducindo a súa vida útil ou prexudicar ao persoal encargado da súa limpeza e conservación. Inclúense entre outros os seguintes: ácidos clorhídrico, nítrico, sulfúrico, carbónico, fórmico, acético, láctico, butírico, lixivias de sosa ou potasa, hidróxido amónico, carbonato sódico, augas de moi alta salinidade, e gases como sulfuro de hidróxeno, cloro, fluoruro de hidróxeno, dióxido de carbono, dióxido de xofre, e, en xeral, todas aquelas substancias que reaccionando coa auga dean lugar a solucións corrosivas como sulfatos, cloruros, etc.


i)Residuos de natureza radioactiva.


k)Elementos procedentes da limpeza de fosas sépticas.


l)Residuos industriais ou comerciais que, polas súas concentracións ou características tóxicas ou perigosas, requiran un tratamento específico ou un control periódico dos seus efectos nocivos potenciais.


m)Os que por se mesmos ou a consecuencia de transformacións químicas ou biolóxicas que se poidan producir na rede de sumidoiros, dean lugar a concentracións de gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros superiores aos seguintes límites:


-Dióxido de carbono: 15.000 ppm.

       -Dióxido de xofre: 5 ppm.

       -Monóxido de carbono: 25 ppm.

       -Cloro: 1 ppm.

       -Ácido sulfhídrico: 10 ppm.

       -Ácido cianhídrico: 4,5 ppm.


n)Residuos sanitarios definidos na vixente normativa nesta materia.


ñ)Residuos procedentes de sistemas de pretratamento e de tratamento de augas residuais.


o)Residuos de orixe pecuario.


p)Residuos que pola súa concentración ou características tóxicas ou perigosas requiran un tratamento específico ou control periódico dos seus efectos nocivos potenciais, e en especial os regulados na lexislación de residuos tóxicos e perigosos, os residuos líquidos ou augas residuais que conteñan PCB (policlorobifenilos) ou PCT (policloroterfenilos).


  1. Substancias non admitidas:


a)En xeral, son aquelas substancias que poidan perturbar a boa marcha das instalacións da rede e de depuración de augas residuais, inhibindo ou dificultando o proceso biolóxico de depuración.


b)Pódense resumir como tales aquelas comprendidas nas seguintes disposicións:


  • Lei 20/86, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.


  • Real decreto 833/88, do 20 de xullo, que aproba o regulamento da Lei básica de residuos tóxicos e perigosos.


  • Orde do 12 de novembro de 1987, sobre normativa aplicada a novas substancias nocivas e perigosas que poden formar parte de determinados vertidos de augas residuais.


  • Orde do 31 de outubro de 1989 do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, sobre vertidos de substancias perigosas; e, Orde do 13 de marzo de 1989 (anexos 9 ao 12).


c)Dos cales dáse unha relación non exhaustiva na seguinte listaxe:


1.- Acenafteno


2.- Acrilonitrilo


3.- Acroleína (Acrolín)


4.- Aldrina (Aldrín)


5.- Antimonio e compostos


6.- Asbestos


7.- Benceno


8.- Bencidina


9.- Berilio e compostos


10.- Carbono, tetracloruro


11.- Clordán (Chlordane)


12.- Crurobenceno


13.- Cloroetano


14.- Clorofenois


15.- Cloroformo


16.- Cloronaftaleno


17.- Cobalto e compostos


18.- Dibenzofuranos policlorados


19.- Diclorodifeniltricloroetano e metabolitos (DDT)


20.- Diclorobencenos


21.- Diclorobencidina


22.- Dicloroetilenos


23.- 2.4-Diclorofenol


24.- Dicloropropano


25.- Dicloropropeno


26.- Dieldrina (Dieldrín)


27.- 2.4-Dimetilfenoles ou Xilenoles


28.- Dinitrotolueno


29.- Endosulfán e metabolitos


30.- Endrina (Endrín) e metabolitos


31.- Éteres haloxenados


32.- Etilbenceno


33.- Fluoranteno


34.- Ftalatos de éteres


35.- Halometanos


36.- Heptacloro e metabolitos


37.- Hexaclorobenceno (HCB)


38.- Hexaclorobutadieno (HCBD)


39.- Hexaclorocicloexano (HTB, HCCH, HCH, HBT)


40.- Hexaclorociclopentadieno


41.- Hidrazobenceno (Diphenylhidrazine)


42.- Hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAH)


43.- Isoforona (Isophorone)


44.- Molibdeno e compostos


45.- Naftaleno


46.- Nitrobenceno


47.- Nitrosaminas


48.- Pentaclorofenol (PCP)


49.- Policlorado, bifenilos (PCB's)


50.- Policlorado, trifenilos (PCT's)


51.- 2, 3, 7, 8-Tetraclorodibenzo-p-dioxina (TCDD)


52.- Tetracloroetileno


53.- Talio e compostos


54.- Teluro e compostos


55.- Titanio e compostos


56.- Tolueno


57.- Toxafeno


58.- Tricloroetileno


59.- Uranio e compostos


60.- Vanadio e compostos


61.- As substancias químicas de laboratorio e compostos farmacéuticos ou veterinarios novos, identificables ou non, e cuxos efectos poidan supoñer risco para o medio natural ou a saúde humana.


d)A anterior listaxe non debe considerarse exhaustiva, podendo ser revisada e ampliada de acordo coas circunstancias do desenvolvemento do plan de saneamento.


ANEXO II.- VERTIDOS LIMITADOS


Parámetro (1)

Valor límite

Unidades

pH

5,5 - 9


1,2 Dicloroetano

0,40

mg./l.

Aceites e graxas

100,00

mg./l.

Aldehídos

2,00

mg./l.

Aluminio

10

mg./l.

Amoníaco

30,00

mg./l.

AOX (2)

2,00

mg./l.

Arsénico

1,00

mg./l.

Bario

10,00

mg./l.

Boro

3,00

mg./l.

BTEX (3)

5,00

mg./l.

Cadmio

0,10

mg./l.

Chumbo

1,00

mg./l.

Cianhídrico

10,00

cc/m3 de ar

Cianuros

0,50

mg./l.

Cianuros disoltos

1,00

mg./l.

Cloro

1,00

cc/m3 de ar

Cloruros

2.000,00

mg./l.

Cobre

3,00

mg./l.

Condutividade eléctrica (25º C)

5.000,00

µS./cm.

Cor

Inapreciable en dilución 1/30


Cromo hexavalente

0,5

mg./l.

Cromo total

2,00

mg./l.

DBO5

500,00

mg./l.

DQO

1.000,00

mg./l.

Deterxentes

6,00

mg./l.

Dióxido de xofre

15,00

mg./l.

Estaño

3,00

mg./l.

Fenois totais

1,00

mg./l.

Ferro

10,00

mg./l.

Fluoruros

10,00

mg./l.

Fosfatos

60,00

mg./l.

Fósforo total

40,00

mg./l.

Hidrocarburos

15,00

mg./l.

Hidrocarburos aromáticos policíclicos

0,20

mg./l.

Manganeso

5,00

mg./l.

Materias inhibidoras

20,00

equitox

Mercurio

0,01

mg./l.

Níquel

2,00

mg./l.

Nitratos

50,00

mg./l.

Nitróxeno amoniacal

40,00

mg./l.

Nitróxeno total Kjeldahl

30,00

mg./l.

Nonilfenol

1,00

mg./l.

Percloroetileno

0,40

mg./l.

Pesticidas

0,10

mg./l.

Praguicidas totais

0,10

mg./l.

Selenio

0,50

mg./l.

Sólidos en suspensión

500,00

mg./l.

Sulfatos

400,00

mg./l.

Sulfhídrico

20,00

cc/m3 de ar

Sulfuros disoltos

0,30

mg./l.

Sulfuros totais

1,00

mg./l.

Temperatura

30,00

ºC

Deterxentes aniónicos

6,00

mg./l.

Triacinas totais

0,30

mg./l.

Tributilestaño

0,10

mg./l.

Triclorobenceno

0,20

mg./l.

Zinc

2,00

mg./l.


ANEXO III.- SOLICITUDE DE PERMISO DE VERTIDO AO SISTEMA


  1. Solicitude: nome, domicilio social, dirección do establecemento, teléfono, distrito postal, localidade, NIF, caudais de vertido en m.3/ano e m.3/día, identificación do sistema de saneamento ao que se pretende verter.


  1. Xunto aos datos de identificación, exporanse de xeito detallado as características do vertido, en especial:


    1. CNAE(s).


    1. Clasificación da actividade segundo o Regulamento do dominio público hidráulico.


    1. Descrición do proceso produtivo que xera o vertido.


    1. Volume de auga consumida ou para consumir, especificando a(s) fonte(s) de subministración.


    1. Características da contaminación das augas xeradas antes e despois do tratamento.


    1. Variacións estacionais no volume e/ou características de contaminación das augas residuais vertidas.


    1. Plano da rede de recollida de augas residuais e punto(s) de conexión aos sumidoiros, indicando a localización das arquetas de control.


  1. Proxecto técnico das obras:


    1. Antecedentes:


  • Obxecto: obtención do permiso de vertido ou a súa revisión (neste último caso, axuntarase copia do permiso vixente).


  • Características da localización e emprazamento da actividade.


  • Punto de conexión ao sistema de saneamento.


    1. Memoria descritiva:


  • Datos de produción: actividade desenvolvida, materias primas empregadas e produtos resultantes expresados en tn./ano.


  • Procesos industriais.


  • Balance de augas: fontes de abastecemento, título concesional, volume abastecido e a súa distribución no proceso industrial, volume de vertido.


  • Características do efluente: informe analítico de cada punto de vertido.


    1. Memoria técnica das instalacións de tratamento:


  • Sistemas e unidades de tratamento: descrición do sistema de tratamento existente, con cálculos hidráulicos do dimensionamento (volumes, cargas hidráulicas, tempos de retención) e xustificación de operacións unitarias e procesos; descrición detallada de equipos instalados, potencias de bombeo, materiais de construción; medidas de seguridade para evitar vertidos accidentais, instrumentos de control propostos, proposta de seguimento e control da calidade do efluente, produción, cantidade e destino dos residuos xerados.


  • Planos: situación dentro do concello (1:50.000); situación xeral do establecemento (1:5.000); detalle do establecemento (1:1.000); planta e alzado do sistema de depuración (1:100).


  • No caso de que as instalacións de tratamento ocupen propiedades de terceiros, deberase acompañar autorización expresa do titular do terreo.


    1. Cando o exercicio da actividade comporte a utilización de tanques de almacenamento enterrados, deberase presentar un estudo de avaliación dos efectos medioambientais que incluirá a avaliación das condicións hidroxeolóxicas da zona afectada, do eventual poder autodepurador de chan e subsolo, e dos riscos de contaminación. Tamén se fará constar a eventual proximidade de captacións de auga, así como as precaucións técnicas adoptadas para evitar a percolación e a infiltración de hidrocarburos.


    1. Plan de emerxencia do sistema de acordo coa lexislación sectorial aplicable.


ANEXO IV.- CLASIFICACIÓN DE SECTORES INDUSTRIAIS


ANEXO V.- CONTIDO DA ACTA DE INSPECCIÓN E OBRIGAS DA ENTIDADE XESTORA



1. As actas que documenten as actuacións inspectoras, indicadas no artigo 33 desta ordenanza, deberán incluír, como mínimo, a información seguinte:


      1. Data, hora e número de inspección.


      1. Identificación da entidade xestora do sistema e do persoal actuario.


      1. Identificación e localización do suxeito pasivo da inspección, da actividade e dos sistemas de tratamento de que dispoña.


      1. Situación e descrición do punto de toma de mostras, e do sistema en que se realiza o vertido, incluíndo, se procede, o nome da EDAR.


      1. Caudal do vertido (medido ou estimado), tipo de mostra (puntual ou integrada), e descrición dos parámetros para analizar.


      1. Funcións realizadas e o seu resultado.


      1. Obrigas formais: constancia ou non da sinatura do interesado, da súa aceptación ou rexeitamento da mostra xemelga, e do libramento de copia da acta.


      1. Resumo do historial dos vertidos dende a última inspección, consignando o xuízo sobre se a empresa mantén baixo un control eficaz a descarga dos seus vertidos.


      1. Modificacións introducidas e medidas adoptadas pola industria para corrixir as eventuais deficiencias sinaladas pola inspección en visitas anteriores, cunha valoración da eficacia destas.


k)Detalle das posibles anomalías detectadas na inspección, e cantas observacións adicionais se estimen oportunas.


2. A entidade xestora conservará copia destas dilixencias e dos seus resultados analíticos, estando esta información a disposición de organismo de conca.


ANEXO VI: CÁLCULO DO CUSTO PARA EFECTOS DE SANCIÓNS, DANOS, FIANZAS E SOBRECUSTO. VALORACIÓN ECONÓMICA DOS PARÁMETROS


FÓRMULA APLICADA:


X = (Resultado analítico – Límite do regulamento) x Prezo segundo táboa x Factor da táboa x Coeficiente de valoración da contaminación x Coeficiente de redución por caudal


X= Valoración económica en euros.


Coeficiente de valoración da contaminación = pendente da recta = 15,456


Coeficiente de redución por caudal:


- Caudais superiores a 165 m3/día                                        sen redución

- Caudais comprendidos entre 165 m3/día e 16,6 m3/día                redución do 50%

- Caudais inferiores a 16,5 m3/día                                                    redución do 75%



Parámetro (1)

Valor límite

Prezo

Factor

pH

*

1,2 Dicloroetano

0,40

0,0045

12,5

Aceites e graxas

100

0,00045

1

Aldehídos

2

0,0045

1,25

Aluminio

10

0,0045

1

Amoníaco

30

0,0045

1

AOX (2)

2

0,0045

1,25

Arsénico

1

0,0045

12,5

Bario

10

0,0045

1,25

Boro

3

0,0045

1,25

BTEX (3)

5

0,0045

12,5

Cadmio

0,10

0,0045

12,5

Chumbo

1

0,0045

12,5

Cianuros totais

0,50

0,0045

12,5

Cloruros

2.000

0,00022

1

Cobre

3

0,0045

12,5

Condutividade eléctrica (25º C)

5.000

0,000003

10

Cromo hexavalente

0,5

0,0045

12,5

Cromo total

2

0,0045

12,5

DBO5

500

0,00030

1

DQO

1.000

0,00030

1

Deterxentes aniónicos

6

0,0045

1,25

Dióxido de xofre

15

0,0045

1

Estaño

3

0,0045

1,25

Fenois totais

1

0,0045

1,25

Ferro

10

0,0045

1,25

Fluoruros

10

0,0045

1

Fósforo total

40

0,0045

1

Hidrocarburos

15

0,0045

1

Hidrocarburos aromáticos policíclicos

0,20

0,0045

12,5

Manganeso

5

0,0045

1,25

Materias inhibidoras

20

0,0045

1

Mercurio

0,01

0,0045

12,5

Níquel

2

0,0045

1,25

Nitratos

50

0,0045

1

Nitróxeno amoniacal

40

0,0045

1

Nitróxeno total Kjeldahl

30

0,0045

1

Nonilfenol

1

0,0045

12,5

Percloroetileno

0,40

0,0045

12,5

Pesticidas

0,10

0,0045

12,5

Praguicidas totais

0,10

0,0045

12,5

Selenio

0,50

0,0045

12,5

Solidos en suspensión

500

0,00022

1

Sulfatos

400

0,00045

1

Sulfhídrico

20

0,0045

12,5

Sulfuros disoltos

0,30

0,0045

12,5

Sulfuros totais

1

0,0045

12,5

Temperatura

30

0,0045

1

Triacinas totais

0,30

0,0045

12,5

Tributilestaño

0,10

0,0045

12,5

Triclorobenceno

0,20

0,0045

12,5

Zinc

2

0,0045

1,25



* VALORACIÓN POR INCUMPRIMENTO EN pH:


  • Intervalo de pH permitido: entre 6 e 10 u pH (unidades de pH).
  • Incumprimentos:
    • Franxa de pH comprendidos entre 3-6 e 10-13, valoraranse con 0,015 € por cada 0,10 u pH de incumprimento.
    • Franxa de pH comprendidos entre 0-3 e 13-14, valoraranse con 0,030 € por cada 0,10 u pH de incumprimento.



O alcalde                                                                                     A secretaria




Juan Manuel Jiménez Morán                                          Pilar del Carmen Saborido Díaz


DILIXENCIA: para facer constar que o precedente regulamento publicouse integramente no BOP de Ourense número 288 de data 17.12.2010.


A secretaria





Pilar del Carmen Saborido Díaz

 
?>