| 'Encustraciones', de Julio Pousada |
|
|
|
| Luns, 21 Xullo 2008 13:07 |
|
A mostra está conformada por 23 cadros e 8 esculturas realizadas en vidro e metal, realizadas durante este último ano. O artista verinense formouse como pintor na Escola de Artes de Nürnberg (Alemaña), país no que residiu durante 20 anos. Ao longo da súa traxectoria artística participa en numerosas exposicións colectivas e individuais en distintas cidades europeas como Munich, Amsterdam ou Verona. A exposición pódese visitar no seguinte horario: de martes a sábado de 10 a 22 horas e o domingo e luns de 13 a 22 horas. |