Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
A Tropa de Trapo presentou o espectáculo 'Contos coas mans abertas' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Novembro 2011 14:01

O salón de actos do IES García Barbón de Verín acolleu esta mañá o espectáculo ‘Contos coas mans abertas’ da compañía compostelá A Tropa de Trapo, co obxecto de conmemorar o Día Internacional para a Tolerancia.

Ler máis...
 
'Contos coas mans abertas' sensibilizará sobre a solidariedade internacional en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Novembro 2011 14:02

A xira 2011 do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega á vila ourensá de Verín mañá mércores 16 de novembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Tolerancia. A representación, organizada polo Concello de Verín en calidade de membro da entidade municipalista, terá lugar no IES García Barbón ás 10.30 horas.

Ler máis...
 
'Contos para os días de choiva' na Biblioteca Pública Municipal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Novembro 2011 13:29

O vindeiro xoves 17 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos para os días de choiva', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
'Cantacontos' na Biblioteca de Verín coa pedagoga e escritora Susa Herrera PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Novembro 2011 11:50

O próximo venres 11 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de 'Cantacontos' realizados pola pedagoga, docente e escritora Susa Herrera Ruiz, acompañada pola profesora e artista Merchy Rozas.

Ler máis...
 
'A ollada dun monxe budista' e 'A paz cuestión de fondo' no Outono Fotográfico PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Outubro 2011 12:26

O vindeiro sábado día 29 comezan en Verín as actividades do Outono Fotográfico. A Casa do Escudo abre ás 5 da tarde  dúas exposicións A ollada dun monxe budista A paz cuestión de fondo, e faino convidando a facer unha meditación sentada ás persoas que visiten as salas a primeira hora. As mostras clausuraranse o día 19 de novembro. As actividades do Outono Fotográfico en Verín continuarán entre os días 22 de novembro e 10 de decembro con dúas novas exposicións Unha mirada matemática e Os obxectivos do milenio.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>

Páxina 660 de 777
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>