|
A Tropa de Trapo actúa en Verín no Día Internacional da Tolerancia |
|
|
|
Venres, 12 Novembro 2010 12:11 |
A compañía A Tropa de Trapo, grupo especializado en narracións orais con música en vivo, actuará o martes día 16 de novembro ás 10.30 horas no IES Xesús Taboada Chivite, co espectáculo Contos coas mans abertas. O acto celébrase con motivo do Día Internacional da Tolerancia, e enmárcase nunha xira -que conta en Verín colaboración do Concello- patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que comezou no mes de xuño e rematará en decembro cunha vintena de actuacións.
|
Ler máis...
|
Entrega de diplomas do 1º Curso de Portugués Técnico |
|
|
|
Mércores, 10 Novembro 2010 10:56 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregou os diplomas aos/ás alumnos/as participantes no 1º Curso de Portugués Técnico, organizado desde o ente municipal, e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 691 692 693 694 695 696 697 698 699 700 Seguinte > Final >>
|
Páxina 696 de 777 |