Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Mes da Educación Vial PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Marzo 2009 13:29
Durante este mes de marzo, as aulas do I.E.S. Xesús Taboada Chivite e do Colexio María Inmaculada acollerán a presentación do programa ‘Mes da Educación Vial’, impartido por axentes da Policía Local do Concello de Verín.
Ler máis...
 
Mostra ‘Estímulos Contemporáneos’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Marzo 2009 13:29
A Casa do Escudo de Verín acolle, dende hoxe ata o 23 de marzo, Estímulos Contemporáneos, unha exposición colectiva de artistas lusos contemporáneos.
Ler máis...
 
Exposición ‘FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Marzo 2009 13:19
A concelleira de Benestar Social do Concello de Verín, María Luisa Valladares Rodríguez, e responsable da mostra, Lorena Fernández Bouza, presentaron esta mediodía a exposición ‘FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’ que permanecerá no Centro de Interpretación Museística ata o 27 de marzo. Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas, Médicos do Mundo creou unha mostra colectiva que busca achegar ao público ás vivenzas, os soños e as esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/sida. Mulleres de Namibia, persoas seropositivas de Senegal, persoal sanitario de Mozambique e mozos de Angola foron retratados polos mestres Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rosina Ynzenga.
Ler máis...
 
Obradoiro ‘Portal 060’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Marzo 2009 13:18
A Aula Multimedia do Concello de Verín acolle o vindeiro luns 9 de marzo, desde as 18 ás 20 horas, a realización do obradoiro Portal 060, a única web que ofrece aos usuarios a posibilidade de acceder aos servizos da Administración Pública de tres formas distintas: segundo o perfil de usuario, en función de diferentes áreas temáticas para cidadáns ou empresas e atendendo a feitos vitais.
Ler máis...
 
Ofrenda floral na praza García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Marzo 2009 12:17
Con motivo do centenario da defunción de D. José García Barbón, o sábado día 7 de marzo ás 20.20 horas o Concello de Verín ofrecerá unha ofrenda floral ao finado no monumento situado na praza García Barbón. No acto, para o que se convoca a todo a veciñanza, participarán a Banda de Gaitas do Concello de Verín e familiares do que foi o máis grande benfeitor do municipio. Ademais, con motivo do centenario celebrarase na igrexa parroquial de Verín un oficio relixioso in memoriam ás 19.30 horas no que participará o coro do Centro de Servizos Sociais de Verín.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 751 752 753 754 755 756 757 758 759 760 Seguinte > Final >>

Páxina 755 de 776
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>