“Mellor tapa” e “Tapeira Maior 2008” na ruta gastronómica de Verín |
|
|
|
Martes, 26 Agosto 2008 12:55 |
Delicias de ovos de paspallás do establecemento O Pucheiro foi elixida como a “Mellor Tapa 2008” da primeira edición da ruta gastronómica “Un río de tapas” de Verín, que tivo lugar entre os días 8 e 17 de agosto. O xurado conformado polo Presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, o Director do Parador de Monterrei, Héctor Fernández González e a “Tapeira Maior 2008”, Sonia Zarraquiños Novelle, deliberaron onte na Casa do Concello e otorgaron esta distinción a Delicias de ovos de paspallás tras considerala como “a tapa máis orixinal e exquisita do concurso”, e cuxo premio ascende aos 300 € -concedidos por AECOM (Asociación de Empresarios de Hostalería da Comarca de Monterrei)-.
|
Ler máis...
|
1ª Cosecha, de Josu Gascón |
|
|
|
Venres, 22 Agosto 2008 12:21 |
Desde o 24 de agosto ao 11 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 1ª Cosecha do escultor vasco Josu Gascón. A mostra reúne nove das últimas obras do autor, realizadas durante estes tres últimos anos (2006-2008). Con medidas e materiais diversos, todas elas posúen unha gran influencia artística da 'tendencia conceptual' da arte sobre unha base neodadaísta, onde o autor utiliza o simbolismo lingüístico e o ensamblaxe de obxectos cotiáns para expresar a súa visión sobre a arte e a vida. |
Ler máis...
|
|
Xoves, 21 Agosto 2008 10:03 |
O Pavillón de Deportes de Verín acollerá, o próximo domingo 24 de agosto, o primeiro partido da Copa Galicia entre Clube Ourense Baloncesto (COB) e Basket Coruña. Neste enfrontamento, que será a partir das 19 horas, a entrada é gratuíta. |
Mércores, 20 Agosto 2008 08:47 |
Nos últimos días, varios/as veciños/as do municipio de Verín recibiron chamadas telefónicas nas que unha empresa ofertaba os seus servizos para realizar análises de auga nas súas casas. Desde o Concello de Verín, co fin de aclarar as posibles dúbidas aos/ás verinenses, puntualízase o seguinte:
- A auga do municipio atópase perfectamente analizada e sometida aos controis específicos preventivos.
- O ente municipal non ten relación con esta empresa privada nin co servizo que oferta. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>
|
Páxina 770 de 777 |